lunes, 2 de marzo de 2015

DÍA DA PAZ NO MARUXA MALLO

      Este curso para celebrar o Día da Paz decidimos dedicarlle a xornada aos Premios Nobel da Paz do século XXI. Cada grupo traballou sobre un premiado ou premiada e preparou información para expoñer nas portas das aulas para así compartilo con todos. Titorías e  equipo de Dinamización prepararon unha presentación ppt. para proxectar no recreo do día 30. Presentación que disfrutamos de xeito conxunto a ritmo de Rosario Flores, John Lennon, Ana Belén, etc.
Na imaxe recóllese un momento da proxección

No hay comentarios: