A mañán deste primeiro luns do mes de marzo comezou para o nivel de 1º da ESO
cun encontro literario co escritor zaragozano Fernando Lalana.
Tempo de reflexión sobre a lectura, os libros, personaxes, tramas...
A charla comezou co escritor facendo unha curta introducción da novela e, logo,
deu paso a unha rolda de preguntas para que o alumnado puidese intervir.