jueves, 10 de abril de 2025
martes, 8 de abril de 2025
A BIBLIOTECA ESTÁ DE REFORMAS
Proximamente subiremos a imaxe do resultado final dese novo espazo na biblio.
Polo momento, caixas, andeis desmontados, mesas sen orde...
BIBLIOJUEGO 2025
Preguntas sobre os libros de lectura en 1º da ESO. As respostas podían buscarse
nos lapbooks preparados polo alumnado e nos propios libros na biblioteca.
Aí van algunhas imaxes
lunes, 10 de marzo de 2025
Reunión do club de lectura de adultos o 24 de febreiro de 2025
A reunión xirou arredor de Santiago Nasar, si, aquel que en el día que lo iban a matar se levantó a la 5.30 de la mañana para esperar el buque en el que llegaba el obispo.
Como vedes, tocou todo un clásico, Crónica de una muerte anunciada, e houbo opinións diversas. En xeral, a trama convenceu e deunos para debater sobre por que ninguén o avisou, por que ela daría ese nome que sentenciou ao personaxe, a superstición; o viúvo que lle vende todo, mesmo os recordos, a quen pensa que con cartos todo ten prezo, etc.
Lasaña, brownie e queique de Ordes foron o marco culinario desta historia.
Aí vai unha imaxe con algunhas das persoas que participaron:
Das propostas que tiñamos escolleuse a de Marta Villar, Detective Ferruchi. Esa é a próxima aventura!!!