miércoles, 16 de diciembre de 2020
lunes, 14 de diciembre de 2020
O DÍA 11 SAÍRON AS PRIMEIRAS MOCHILAS VIAXEIRAS
As primeiras en saír este curso foron as Mochilas do Cine, a das Emocións, a do Terror e a das Viaxes.
Aquí tedes imaxes dese momento e dos cadernos viaxeiros nos que cada familia pode anotar as súas suxestións:
![]() |
Sabela e Carla coas mochilas do Cine e das Viaxes |
![]() |
María S. coa mochila do Terror e María F. coa mochilas das Emocións |
jueves, 10 de diciembre de 2020
MAÑÁN SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!! SERÁ NO RECREO
Aínda estás a tempo de reservar a Mochila do Cómic e a Mochila do Universo. Podes facelo na biblio se queres levalas para o Nadal.
miércoles, 25 de noviembre de 2020
Andrea Maceiras recolleu o premio dos Clubs de lectura este sábado no encontro de be en rede
Aquí tedes unha imaxe da escritora recollendo o seu premio. Agradeceu o traballo que se fai nos clubs de lectura.
miércoles, 18 de noviembre de 2020
Formación de novos usuarios e usuarias 1º ESO
![]() |
Cámara... Acción! |
viernes, 23 de octubre de 2020
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020
Servizo de empréstitos e devolucións. Por unhas lecturas seguras!
Lembrade utilizar as cestas para as vosas devolucións. Fixádevos no día da semana que leva cada unha delas.
Podedes consultar o catálogo da biblio para os vosos empréstitos na páxina web.
jueves, 22 de octubre de 2020
Mafalda despide a Quino desde a nosa sección do cómic
Deixounos o pasado mes o creador de Mafalda, Joaquín Salvador Lavado Tejón, coñecido baixo o pseudónimo de Quino.
Este humorista gráfico e historietista arxentino foi o creador dunha das protagonistas da nosa sección do cómic. Unímonos a Mafalda nesta sentida despedida...
sábado, 26 de septiembre de 2020
DESPEDIMOS A HELEN, A NOSA COMPAÑEIRA E COORDINADORA DESTA BIBLIO
BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE CURSO 2020-2021 !!!
Foi emocionante disfrutar deste traballo contigo e só podemos desexarche:
MOITA SORTE NA TÚA NOVA AVENTURA!!!
GRAZAS DE CORAZÓN, HELEN
jueves, 23 de abril de 2020
miércoles, 11 de marzo de 2020
O ACTOR XÚLIO ABONJO NA BIBLIO
Explicou termos cinematográficos e tentou transmitir a súa paixón polo teatro e pola súa profesión.
![]() |
Trouxo algúns guións para ensinarnos |
martes, 10 de marzo de 2020
jueves, 5 de marzo de 2020
ENTROIDO NO MARUXA MALLO
jueves, 13 de febrero de 2020
CONCURSO SOBRE CINE...
![]() |
Na conserxería tedes impresos para participar |
Na entrada do IES tedes unha vitrina na que aparecen imaxes e obxectos relacionados co mundo do cine e do audiovisual sobre os que debedes adiviñar o nome. Só hai que fixarse ben para dar coa resposta correcta... ATRÉVETE A PARTICIPAR!!!
UN CLUB DE LECTURA NO QUE TAMÉN SE XOGA e SE CREA
![]() |
Tocaba descifrar a clave que tedes na imaxe |
![]() |
Este é o caderno que se emprega. |
![]() |
Na imaxe un momento no que, mentres aproveitamos o noso recreo, lemos o texto que escribiron antes ca nós para continualo. |
miércoles, 12 de febrero de 2020
A ESCRITORA ANA ALCOLEA PRESENTA LIBRO EN 3º DA ESO

Aí tedes algunhas imaxes:
![]() |
Momento da charla no que comentaba que nesta novela naceu primeiro o título que o propio texto (que, como dixo, era algo que non adoitaba facer). |
![]() |
Imaxe dun cemiterio no que enterran a un personaxe |
![]() |
Recollendo o lapbook que se lle preparou para reunir imaxes doutras visitas que xa fixera ao IES |