jueves, 22 de marzo de 2018

O NOSO ALIEN XA TEN NOME!!

Tras o concurso do día da Paz, o noso alien xa ten nome!!

Presentámosvos a ... 

Ollam Axuram 8102

miércoles, 21 de marzo de 2018

DÍA DE PI... ASTRONÓMICO

     Como xa sabemos, o 14 de marzo celébrase o Día de Pi (3-14), polo que en 1ºESO decidimos conmemorar esta data engadíndolle un "toque astronómico-artístico". A Actividade consistiu en pintar o perfil do número Pi baixo un ceo nocturno; isto é o que se coñece como un Pi-skyline
    Saíron skylines moi creativos como podedes observar nestas fotos; tratábase de crear paisaxes nocturnas nas que as alturas dos edificios veñan marcadas polas cifras do número pi:            3,14159265358979323846264338327950288419716939937510582097494459230781640628620  8998628034825342117067982148086513282306647............................


DEIXOUNOS UN GRANDE ESTUDIOSO DO UNIVERSO...

     Posto que este curso a Biblio se centra no Universo, queremos facer unha mención no noso blog e lembrar a un grande estudoso do Universo, Stephen Hawking, que faleceu a semana pasada.

Imaxes obtidas de Google Images 
Imaxes da súa visita a Santiago de Compostela en Setembro de  2008, onde recibiu o Premio Fonseca 2008 concedido polo Programa Conciencia, que apoian conxuntamente a Universidade de Santiago e o Consorcio de Santiago. 
Podes consultar máis sobre este acontecemento aquí.

Temos na Biblio algunhas novelas divulgativas que publicou xunto á súa filla, Lucy Hawking:





miércoles, 14 de marzo de 2018

ISABEL ZENDAL: UNHA ORDENSE PARA NON ESQUENCER

    O pasado venres 9 de marzo, o alumnado de 4º asistiu á presentación do libro: 
    Isabel Zendal Gómez nos arquivos de Galicia, de Antonio López Mariño e publicado polo Parlamento.

   A cada alumno/a agasallárono cun exemplar e ademais trouxéronnos para a Biblio un exemplar do libro que está asinado polo autor e polo presidente do Parlamento. Moitas grazas!!

   
    Coa presentación deste libro a maiores o alumnado complementa a súa formación dado que tanto en lingua galega coma en Historia están traballando este acontecemento e este período histórico:
    En galego este nivel está lendo  o libro Os nenos da Varíola, de María Solar e visualizaron algún material audiovisual vinculado a este tema; mentres que en historia vincúlase co tema da Ilustración e a Revolución Industrial que están traballando neste momento. Sobre todo está relacionado co crecemento da poboación grazas á vacina da varíola e en relación coas melloras na sanidade e hixiene públicas. 

    A maiores, asistir a esta presentación é importante para o alumnado, para comprobar a importancia das fontes e documentación dos arquivos para recadar información e coñecer con rigor acontecementos históricos.
    Ademais o alumnado de 4ºESO coñeceu un pouco mellor a importante labor realizada por Isabel Zendal, unha ordense que foi nomeada filla predilecta de Ordes.

PARTICIPANTES NA PRESENTACIÓN
Presidente da Cámara do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; autor do estudo, Antonio López Mariño, así como Pilar Farjas, presidenta da Asociación Isabel Zendal; Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade; e o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo.
 
PERSOEIROS ASISTENTES NO AUDITORIO
Diego Calvo, vicepresidente do Parlamento de Galicia; Pedro Francisco Rojo, director do Gabinete de Presidencia do Parlamento de Galicia; Andrés Paz- Ares Rodríguez, director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade; José Carro Otero, presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia; Jorge Atán Castro, subdelegado do Goberno na Coruña; representantes do sindicato de enfermería SATSE.


FOTOS FACEBOOK CONCELLO ORDES:
1.- Fotos do alumnado co autor e autoridades
https://www.facebook.com/concellodeordes/photos/pcb.1729354910460300/1729348807127577/?type=3&theater
2.- Autor asinándonos o libro
https://www.facebook.com/concellodeordes/photos/pcb.1729354910460300/1729348827127575/?type=3&theater
3.- Fotos do auditorio
https://www.facebook.com/concellodeordes/photos/pcb.1729354910460300/1729348853794239/?type=3&theater
https://www.facebook.com/concellodeordes/photos/pcb.1729354910460300/1729350310460760/?type=3&theater
https://www.facebook.com/concellodeordes/photos/pcb.1729354910460300/1729350323794092/?type=3&theater

     
 E se queredes coñecer máis sobre a vida desta importante muller nacida en Agrela (Santa María de Parada, Ordes), podedes consultar estes enlaces:
http://www.isabelzendal.com/

http://www.mujeresenlahistoria.com/2015/08/la-dama-de-la-vacuna-isabel-zendal-1773.html


https://es.wikipedia.org/wiki/Isabel_Zendal_G%C3%B3mez







jueves, 8 de marzo de 2018

8 MARZO: AS MULLERES DESDE A BIBLIO

     Para conmemorar o Día da Muller, propoñémosvos botar unha ollada aos fondos da Biblio nos que a protagonista é unha muller.
Fixemos unha pequena selección de biografías e películas que atoparedes expostas na entrada.
     É a nosa aportación a un día para reflexionar sobre as dificultades aínda existentes e os cambios que hai que seguir introducindo na nosa sociedade para que ámbolos dous sexos teñamos as mesmas oportunidades.
Esperamos que vos guste!

Investiga sobre apasionantes mulleres, como: