martes, 30 de abril de 2019

CONCURSO: EMOCIONÓMETRO DE LECTURAS

       Moitos compañeiros xa se animaron a participar no concurso... aquí vos deixamos algunhas fotos; e lembrade que o prazo remata este venres 3 de maio... non o deixedes para o último día!



martes, 23 de abril de 2019

23 de abril: Celebrando o DÍA DO LIBRO!!!

      Un día especial para a Biblio... unha clase especial de Lingua Castelá para 1ºESO... e un especial concurso ao que estades todos convidados... e cuxo prazo ampliaremos ata o 5 de maio para que non se quede ninguén sen poder participar!
      Todo isto para celebrar esta data tan importante: o Día do Libro!!

       As profes de Lingua Castelá, Ana Calvo e Ana Rey, compincháronse para levar a cabo unha clase compartida na que o tema foron as emocións que nos produce a lectura: falaron de libros, intercambiaron impresións sobre temáticas, xéneros literarios, ... e todo isto na entrada do centro, a carón da exposición da Biblio!
       Aquí tendes a proba desta interesante e motivante xornada:


       E aproveitadmos para animarvos a participar no concurso "USA O EMOCIONÓMETRO DE LECTURAS/PELIS":
Trátase de que escollades algún libro ou película da exposición, valoredes a emoción que vos produce e logo nos convenzades con bos argumentos a nós (o equipo da Biblio) para lelo ou velo.  Preguntade a Estrella polo emocionómetro

       Os ou as que consigades ser máis convincentes, seredes os/as que levaredes o premio!

MOITA SORTE!!!



jueves, 11 de abril de 2019

DESDE A BIBLIO DESEXÁMOSVOS UNHAS BOAS VACACIÓNS

      Queremos desexarvos desde o Equipo da Biblio que desfrutedes das vacacións de Semana Santa e que vos deixedes emocionar con boas lecturas...
      E aproveitamos para ofrecervos un adianto do concurso que estamos preparando para a volta, posto que o martes 23 de Abril estamos de celebración: é o Día do Libro!
      Estade atentos ás instrucións do concurso cando volvades e animádevos a participar!
 
















martes, 9 de abril de 2019

EMOCIÓNS PARTICIPANDO NO "PASSWORD"

      O alumnado de 4ºESO viaxou a A Laracha para competir nun divertido concurso organizado polos departamentos de inglés de tres centros: os IES Agra de Leborís de A Laracha, o Isidro Parga Pondal de Carballo e o noso.
            Trátase do PASSWORD: nel, deben poñer a proba as súas habilidades lingüísticas e comunicativas en lingua inglesa. Âdemais, o alumnado dos tres centros pasa unha xornada de convivencia e intercambio igualmente interesante desfrutando de diferentes actuacións realizadas por alumnado dos tres centros.
      Aquí tendes algunhas imaxes dos nosos representantes xunto cos carteis e pancartas que prepararon os seus compañeiros para animalos. Esta vez non gañamos... pero o importante é participar!!





martes, 2 de abril de 2019

VISITA Á CIDADE DA CULTURA (GAIÁS)

      Recentemente, un grupo de alumnado de 1º da ESO fixo unha visita ao Gaiás, en Santiago.
 Tratábase dun traballo de investigación in situ para documentarse sobre a Biblioteca o e Arquivo de Galicia. Sen embargo, a actividade deu para moito máis: descubrir a Bola de libros xigante (de Alicia Martín), tentar buscar entre as Torres Hejduk unha terceira, desfrutar da exposición "Valor e mestría. Galicia como fútbol" e, tamén, escudriñar no "esqueleto dunha biblioteca".
      Unha visita totalmente satisfactoria para o alumnado e as profes acompañantes!




PARTICIPACIÓN CONCURSO XÓVENES TALENTOS

      Baixo o lema: ... se podes imaxinalo, podes contalo!... celebrouse o pasado 22 de marzo o Concurso Coca-Cola Xóvenes Talentos de Relato Curto, e nel participou un grupo de estudantes de 2ºESO do noso centro. 
      Realizaron unha proba simultánea a nivel nacional consistente en escribir un relato curto inspirándose cun estímulo creativo, que este ano consistiu nun reloxio de area e a frase: "la arena se escapaba lentamente".
      Aquí tendes ao alumnado que desfrutou desta interesante experiencia literaria!