martes, 7 de marzo de 2023

O ESCRITOR FERNANDO LALANA PRESENTOU LIBRO "¡BUEN CAMINO, JACOBO!"


 A mañán deste primeiro luns do mes de marzo comezou para o nivel de 1º da ESO 

cun encontro literario co escritor zaragozano Fernando Lalana. 

Tempo de reflexión sobre a  lectura, os libros, personaxes, tramas...

A charla comezou co escritor facendo unha curta introducción da novela e, logo, 

deu paso a unha rolda de preguntas para que o alumnado puidese intervir.

"Empecé a escribir con quince años y ya no me he dedicado a ninguna otra profesión. Escribo novela juvenil porque es lo que me gusta y no son novelicas para adolescentes sino novelas juveniles".
 
Para ver máis pincha aquí.
 
 https://drive.google.com/file/d/1I0H5KdScuu89jZSI4iTxeCQhU65aCOz7/view?usp=share_link
 

lunes, 6 de marzo de 2023

Rematamos lectura no club de lectura de adultos... Imos a pola seguinte!

 Entre lasaña e biscoito de chocolate demos hoxe por rematada a lectura (densa, lenta pero, tamén,  moi completa e interesante) da novela El nombre de la rosa de Umberto Eco.


 
Con ganas de comezar a próxima: Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga.

Xosé Zapata. GOYA CORTOMETRAJE DE ANIMACIÓN 2023.

O pasado luns, 27 de febreiro, este director e produtor galego presentou The monkey co alumnado de 2º e 3º da ESO. 

 


 A estrela foi o Goya que, amablemente, nos deixou para facer fotografías con el (pesa algo máis do que aparenta). Proximamente subiremos esas imaxes dos grupos.