miércoles, 21 de diciembre de 2022

BO NADAL!!!


 

19 de decembro: saída das MOCHILAS VIAXEIRAS


 Este ano viaxaron cinco mochilas temáticas á casa de cinco familias do noso alumnado. Agardamos que desfrutedes dos materiais que conteñen!!!



viernes, 18 de noviembre de 2022

A SEMANA PRÓXIMA XA PODES RESERVAR UNHA MOCHILA VIAXEIRA!

 Achégate á biblio para anotarte na listaxe de reserva das diferentes

 MOCHILAS VIAXEIRAS!!!




INAUGURACIÓN do CLUB de LECTURA: CONLDELER comeza a súa aventura!

 O venres, 11 de novembro, inauguramos o espazo do Club de Lectura cunha 

xuntanza dos diferentes clubs (dous en 1ºESO; un en 2ºESO; dous en 3º e 4º da 

ESO). 

Este recuncho de lectura estivera pechado por mor da pandemia e foi toda unha

 festa abrilo novamente. Como o tempo acompañou,  xuntámonos no patio e logo

 fomos entrando no club co profesorado moderador de cada nivel. 

Ao final, máis de 50 persoas que comparten e celebran a lectura...









 

Aínda estás a tempo de anotarte!!!

 


Na cortiza da túa aula de 1º e 2º da ESO terás un documento no que podes 

apuntarte neste xogo tipo Trivial que se desenvolverá nos recreos dos martes 

e/ou os venres na biblioteca.

 Os equipos estarán formados por dúas persoas e precisarase un ordenador 

portátil. Tratarase de respostar unha batería de 10 a 15 preguntas na plataforma 

Kahoot. As preguntas poderán versar sobre temas de actualidade, materias do

currículum, aspectos relativos ó centro e calquera dos seus departamentos ou 

sobre o tema anual da biblioteca, entre outros.

 

ANÍMATE A PARTICIPAR!

lunes, 24 de octubre de 2022

HOXE É O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!!

 Aí van algunhas imaxes do sorteo que se fixo esta mañán:




 

PRIMEIRAS REUNIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA

 A semana pasada comezaron esas xuntanzas nas que o alumnado escolleu a 

temática do club no que quere participar. Aí van algunhas imaxes...

 



 

viernes, 14 de octubre de 2022

PREPARANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS, 24 de outubro

24 de outubro 
 
Imaxe cos PREMIOS do sorteo que se celebrará o luns, 24 de outubro durante o recreo.

Formación de novos usuarios e usuarias de 1º da ESO

O pasado luns, 3 de outubro, Claudio e Ana Calvo presentáronlle ao alumnado de 1º da ESO a biblio do centro: servizo de empréstito, procura de materiais, actividades que se organizan, hemeroteca, etc.




 

viernes, 23 de septiembre de 2022

A AVENTURA COMEZA...SÓ TÉS QUE ANOTARTE PARA FORMAR PARTE DELA!

 Un ano máis, poñemos a andar o club de lectura.STOP. Terás na cortiza da túa aula un impreso no que anotarte. STOP. Tenta conseguir unha praza.STOP. Pronto terás algunha noticia.STOP. 

                                                                              

                       Con L de ler                                                 




Este curso a coordinadora do Club de Lectura é Ana Calvo, profe de Lingua Castelá e o coordinador da Biblioteca é Claudio, profe de Inglés.

lunes, 19 de septiembre de 2022

BO COMEZO DE CURSO!!!

 Desde a biblioteca do Maruxa Mallo dámosvos a benvida desexando que teñades un bo curso!!!


Lembrámosvos que o tema deste ano é: "O mundo: un espazo cambiante baixo o microscopio do IES Maruxa Mallo".







domingo, 26 de junio de 2022

Despedida do Club de lectura. 22 de xuño de 2022

LECTURAS + COMPARTIR= CLUB DE LECTURA

 


O último día de clase xuntámonos os membros de todos os clubs para facer unha sesión de lectura compartida e recibir agasallos varios.

vídeo: clublectura

Aproveitamos para despedir a María, a coordinadora do club ConLdeler, desexándolle moita sorte no seu novo destino e agradecéndolle a súa implicación sempre nas actividades relacionadas co club e coa biblio. Foi unha mañán chea de emocións...

 

Moitas gracias por todo, é un pracer traballar con persoas coma ti!!!




lunes, 13 de junio de 2022

Roteiro Zendal dos Clubs de lectura

 O pasado 9 de xuño foi toda unha aventura para quen formamos parte dun dos clubs de lectura de ConLdeler: desde Ordes viaxamos ata A Coruña para coñecer máis sobre a figura de Isabel Zendal (nacida en A Grela, Parada, Ordes).
 
Fora xa tema de lectura nos diferentes niveis da ESO durante o curso (cuxo proxecto da biblio partía co lema: as expedicións) pero o proxecto ampliouse a través dos clubs de lectura ata desembarcar neste roteiro
Pincha aquí: roteiroZendal
 
Con guías de excepción como Antonio López Mariño, Joaquín Pedrido,  Ana González, Montserrat Muriano e Yamilé Pérez fomos visitando zonas estratéxicas: Zalaeta, Praza Consulado, Igrexa San Nicolás,Prácticos do Porto, Rúa da Franxa, Casa Cornide, Torno, Rúa Isabel Zendal, Estatua Isabel Zendal...


 
imaxe do grupo en María Pita
Imaxe do grupo na Praza de María Pita ás 10.30 horas
 


martes, 24 de mayo de 2022

O XOVES COÑECEREMOS AO GAÑADOR OU GAÑADORA DO PREMIO: MELLOR LECTOR-LECTORA DA BIBLIO!!!

 Moitos premios da biblio para entregar esta semana no recreo.

 O día será o xoves, 26 de maio.

 


Quen levará o PREMIO MELLOR LECTOR / LECTORA

Deberás estar atento ou atenta nese acto de entrega de premios.


Non faltedes!!!

 


A ENTREGA DE PREMIOS DO DÍA DO LIBRO FARASE ESTE XOVES, 26 DE MAIO!

Podedes ler na entrada ao IES as recomendacións 2021-2022.

 PROPOSTAS PREMIADAS: Jennifer A. C.(1º ESO); Abril V. P. (4º ESO) e Noemí S. G. (3º ESO).  

NORABOA!!!!

 

suxestións de hai 10 anos
Na exposición tamén podedes ler, ao carón das deste curso,  as suxestións que se fixeran hai dez anos: As lecturas non caducan.

GRACIAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR COA RECOMENDACIÓN DUNHA LECTURA!!!

martes, 10 de mayo de 2022

CREATIVIDADE+DIARIOS DE LECTURAS, PÓSTER e LAPBOOKS. Unha exposición que vai medrando...

 A CREATIVIDADE volve ser a raíña nesta exposición que montamos: diarios de lectura, algún póster, traballos sobre plantas (herbarios) e lapbooks.



jueves, 28 de abril de 2022

AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE PARTICIPAR NO CONCURSO DO DÍA DO LIBRO!!!

 O prazo rematará o vindeiro xoves, 5 de maio. Anímate!!!



plantilla
esta é a plantilla


viernes, 22 de abril de 2022

FELIZ DÍA DO LIBRO!

 

MAÑÁN CELÉBRASE O DÍA DO LIBRO. FELICES LECTURAS!!!





Estade pendentes esta Semana do Libro da exposición que temos na entrada do IES

 para participar nun concurso que andamos argallando. Vai de... LIBROS !!! 

lunes, 18 de abril de 2022

Interesante investigación sobre a primeira astrónoma galega: Antonia Ferrín

 Non deixedes de abrir o seguinte enlace no que se recolle a investigación feita polo alumnado do centro. 

Tamén se fai un percorrido polo importante papel da muller no campo da Astronomía cunha exposición que se puido traer ao IES, gracias á profesora Josefina Ling.


A escritora Ana Alcolea volveu visitar o noso IES

O pasado 8 de marzo mantivo unha distendida charla co alumnado de da ESO para comentar o seu libro El retrato de Carlota. Imaxes.




martes, 5 de abril de 2022

CLUB DE LECTURA

ConLdeLer

Non deixedes de ver estas presentacións que preparou a súa coordinadora, 

María!!!

Como adoita facer, lévanos a través dun coidado percorrido polas lecturas e 

actividades do Club de Lectura:

 Así comezou: Primeiro trimestre

E aquí podedes ver cómo continuou: Segundo trimestre.

 

 

CONTINUARÁ...

 

martes, 15 de marzo de 2022

Noraboa ao grupo gañador dos disfraces do Entroido na modalidade coa temática da Biblioteca!!!

 

Integrantes do grupo EXPLORACIÓNS

  da ESO: Daniel, Abril, Sara, Marta, Carmen, Raúl.

Fotógrafa: Alba

 

 


Estivemos de reformas: renovamos algúns espazos!

 Xa se van debuxando os novos espazos da biblio, ademais da pantalla e do proxector...




así estaba antes


E outros nos que aínda andamos a traballar: