martes, 18 de noviembre de 2014

A NOSA BIBLIO ESTÁ MOI VIAXEIRA!

 Parece que xa está a interpretar o papel deste ano que dedicamos ás viaxes...

 Agora xa non lle parece suficiente con saír do seu espazo para visitar todo o IES (baixo aparencia de mural, presentación en ppt, kamishibais, folios A3, A4, viñetas, cartolinas, etc.) senón que emprendeu aventura cara á Santiago!!!

 O pasado sábado, 8 de novembro, participou nas "V Xornadas de Bibliotecas escolares" presentando o traballo conxunto que se fixo no centro sobre o tema do Proxecto lector "O ano do Cómic"

 Que dicir de poder compartir esa experiencia co resto das biblios?
 FANTÁSTICOOOO!!!


jueves, 13 de noviembre de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Repetimos traxe de festa para celebrar o Día das bibliotecas porque é o cartel do ano pasado pero non nos importou nada porque o día foi igualmente especial entre carnés, sorteos, agasallos...