miércoles, 31 de octubre de 2018

CABAZAS EMOCIONANTES... E GAÑADORAS

      Desfrutade do vídeo que nos preparou Amparo coas emocionantes cabazas que presentastes para o concurso de Halloween!


      E... xa podedes coñecer cales foron as cabazas gañadoras!! NORABOA!!!
       Queremos darvos tamén os nosos parabéns a todo o alumnado participante pola preciosa exposición, na que destacou a vosa orixinalidade e bo humor!!  Desfrutade das fotos!











martes, 30 de octubre de 2018

EMOCIÓNS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!


         O mércores 24 de Outubro a Biblio púxose de festa, pois era "o seu día"!!
      Podedes lembrar os distintos momentos da celebración con varias fotos que engadimos a continuación:
  •      Estreamos cartel feito colaborativamente por alumnado de distintos niveis da man da profe Ana Calvo (membro do equipo da Biblio)  e tamén preparamos unha exposición "emocionante" cos agasallos do sorteo:
 
  •      Os titores de 1ºESO repartiron os carnés ao novo alumnado:



  •       E, por suposto, celebramos o sorteo con moitos agasallos que agardamos vos gustasen, pois ían preparados con moito agarimo!

martes, 23 de octubre de 2018

SESIÓNS DE FORMACIÓN PARA OS NOVOS USUARIOS

     Os grupos de 1ºESO recibiron, por parte da coordinadora da Biblio, Helen, unhas charlas explicativas para coñecer mellor cómo se usa a Biblio e sacarlle o mellor partido a todo que nos ofrece.
Aquí vos deixamos unhas fotos sobre estas importantes xornadas de formación:

E, se queredes poñervos a proba, e ver se realmente tamén vós coñecedes como funciona a Biblio... podedes xogar ao pasapalabra cuxo enlace atoparedes na entrada anterior a esta. Sorte!!

martes, 16 de octubre de 2018

XOGANDO AO PASAPALABRA: FORMACIÓN USUARIOS


     Fai clic no seguinte enlace para poñer a proba os teus coñecementos sobre a Biblio.
Abrirase un rosco PASAPALABRA e xa podes comezar a xogar!
Moita sorte!!
http://formadorestic.com/pasapalabra/pasapalabra.swf?desde=20439&hasta=20449&entorno=1&IDpartida=20443&estado=0

Crea tu pasapalabra educativo

martes, 9 de octubre de 2018

NUBES DE EMOCIÓNS NOS RODEAN!

    Move o rato por enriba da nube de emocións e verás como se resaltan as distintas emocións principais e secundarias:
    

AS CORES REFLICTEN E SUXIREN EMOCIÓNS!


      Desde o Departamento de Plástica estase desenvolvendo esta interesante actividade, aberta a toda a comunidade do IES Maruxa Mallo:
Estamos convidados a plasmar nas figuras de cores (círculos, cadrados, ...) as emocións que nos transmiten ou suxiren esas distintas cores, animádevos a participar!
















martes, 2 de octubre de 2018

EMOCIONÁNDONOS A TRAVÉS DAS CIENCIAS

Nestas semanas comezan a aparecer algúns traballos feitos por vós, nesta entrada amosámosvos o traballo de Ciencias do alumnado de 1ºESO, coas emocións que lles producen certos animais, podedes observalo no corredor da cafetaría: