martes, 24 de mayo de 2022

O XOVES COÑECEREMOS AO GAÑADOR OU GAÑADORA DO PREMIO: MELLOR LECTOR-LECTORA DA BIBLIO!!!

 Moitos premios da biblio para entregar esta semana no recreo.

 O día será o xoves, 26 de maio.

 


Quen levará o PREMIO MELLOR LECTOR / LECTORA

Deberás estar atento ou atenta nese acto de entrega de premios.


Non faltedes!!!

 


A ENTREGA DE PREMIOS DO DÍA DO LIBRO FARASE ESTE XOVES, 26 DE MAIO!

Podedes ler na entrada ao IES as recomendacións 2021-2022.

 PROPOSTAS PREMIADAS: Jennifer A. C.(1º ESO); Abril V. P. (4º ESO) e Noemí S. G. (3º ESO).  

NORABOA!!!!

 

suxestións de hai 10 anos
Na exposición tamén podedes ler, ao carón das deste curso,  as suxestións que se fixeran hai dez anos: As lecturas non caducan.

GRACIAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR COA RECOMENDACIÓN DUNHA LECTURA!!!

martes, 10 de mayo de 2022

CREATIVIDADE+DIARIOS DE LECTURAS, PÓSTER e LAPBOOKS. Unha exposición que vai medrando...

 A CREATIVIDADE volve ser a raíña nesta exposición que montamos: diarios de lectura, algún póster, traballos sobre plantas (herbarios) e lapbooks.