Hoxe, 15 de Novembro, o alumnado de 2ºESO realizou unha visita á Biblioteca Municipal de Ordes, onde puideron coñecer mellor o seu funcionamento e utilidades.
Na Biblioteca Municipal preparáronlles unha interesante charla e exposición de libros, relacionados co tema que estamos tratando no Proxecto da Biblioteca deste curso: o Medo e o Misterio.
Este ano o Halloweenenlaza á perfección coa temática
de Medo e Misterio do PDI que estamos levando a cabo. Diversos Departamentos estiveron propoñendo actividades terroríficas...