viernes, 18 de noviembre de 2022

A SEMANA PRÓXIMA XA PODES RESERVAR UNHA MOCHILA VIAXEIRA!

 Achégate á biblio para anotarte na listaxe de reserva das diferentes

 MOCHILAS VIAXEIRAS!!!




INAUGURACIÓN do CLUB de LECTURA: CONLDELER comeza a súa aventura!

 O venres, 11 de novembro, inauguramos o espazo do Club de Lectura cunha 

xuntanza dos diferentes clubs (dous en 1ºESO; un en 2ºESO; dous en 3º e 4º da 

ESO). 

Este recuncho de lectura estivera pechado por mor da pandemia e foi toda unha

 festa abrilo novamente. Como o tempo acompañou,  xuntámonos no patio e logo

 fomos entrando no club co profesorado moderador de cada nivel. 

Ao final, máis de 50 persoas que comparten e celebran a lectura...









 

Aínda estás a tempo de anotarte!!!

 


Na cortiza da túa aula de 1º e 2º da ESO terás un documento no que podes 

apuntarte neste xogo tipo Trivial que se desenvolverá nos recreos dos martes 

e/ou os venres na biblioteca.

 Os equipos estarán formados por dúas persoas e precisarase un ordenador 

portátil. Tratarase de respostar unha batería de 10 a 15 preguntas na plataforma 

Kahoot. As preguntas poderán versar sobre temas de actualidade, materias do

currículum, aspectos relativos ó centro e calquera dos seus departamentos ou 

sobre o tema anual da biblioteca, entre outros.

 

ANÍMATE A PARTICIPAR!