jueves, 28 de octubre de 2021

Celebramos o Día das Bibliotecas o luns, 25 de outubro

Este ano xuntámonos nun dos patios exteriores do centro. O tempo acompañou e a xornada resultou moi interesante (ademais de ruidosa e divertida).
Temos que agradecer a colaboración dos titores e titoras de 1º da ESO na entrega dos carnés aos novos usuarios e usuarias.
Para rematar, os nervios propios de sacar un número nun sorteo e ver se nos correspondía premio. 
Na imaxe, aparecen os que tiveron a sorte de ver que ao carón do seu número saía a palabra PREMIO en maiúsculas e cor vermella:
premiados e premiadas no sorteo
Susana S. entrega carnés



Andrés entregando carnés

viernes, 22 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: 24 de outubro de 2021


 

O vindeiro luns, 25 de outubro, faremos a entrega dos carnés aos novos usuarios e usuarias e celebraremos un sorteo cos agasallos que podedes ver na entrada:

algúns dos premios


miércoles, 13 de octubre de 2021

O CLUB DE LECTURA TAMÉN ARRANCA CON FORZA...

                    ConLdeler 

 

Este curso volve poñerse en marcha o CLUB DE LECTURA con bastantes participantes. Estade pendentes porque proximamente teredes máis información.