O equipo da Biblio deséxavos unhas Felices Festas e Felices Lecturas!!!
jueves, 20 de diciembre de 2018
martes, 18 de diciembre de 2018
UNHA PEQUENA MENCIÓN...
Aínda que xa sabemos que as nosas compañeiras do equipo da Biblio: Helen (coordinadora) e Ana Calvo (anterior coordinadora) son tan traballadoras coma humildes... hoxe gustaríanos facer unha pequena mención ao seu traballo na Biblio (xa desde hai moitos anos) para contarvos que en Outubro, un traballo que prepararon resumindo o proxecto do Universo no noso centro, foi seleccionado, xunto co de outros 9 centros de toda Galicia, para que o contasen nas Xornadas de Bibliotecas de Galicia, dentro da sección "A fume de carozo".
Damos fe de que o prepararon a conciencia e de que resultou unha interesante exposición para o público.
Noraboa ás dúas polo voso traballo, ilusión e bo facer! Moitas grazas!!!
Damos fe de que o prepararon a conciencia e de que resultou unha interesante exposición para o público.
Noraboa ás dúas polo voso traballo, ilusión e bo facer! Moitas grazas!!!
POR FIN SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!
Hoxe no recreo as mochilas viaxeiras comezan a súa peculiar viaxe...
Os e as privilexiadas que as van desfrutar no Nadal, posaron para a foto antes de marchar con elas.
Desexámosvos que vos gusten, non esquenzades poñer as vosas opinións e suxestións no caderniño que levan!
Os e as privilexiadas que as van desfrutar no Nadal, posaron para a foto antes de marchar con elas.
Desexámosvos que vos gusten, non esquenzades poñer as vosas opinións e suxestións no caderniño que levan!
A GALERÍA DAS EMOCIÓNS
O alumnado de 4ºESO, na materia de Plástica, está elaborando pequenas obras de arte que compoñen a Galería das Emocións. Noraboa, artistas!
EMOCIÓNANSE OS ANIMAIS?
Sabedes que os animais tamén se emocionan?
Desde a materia de Ciencias de 1ºESO amósannos as súas investigacións ao respecto, botade unha ollada á súa exposición titulada "La inteligencia emocional de los animales" porque vos sorprenderá:
martes, 11 de diciembre de 2018
jueves, 29 de noviembre de 2018
AS MOCHILAS VIAXEIRAS ESTÁN PREPARADAS PARA SAÍR!
Estamos na recta final, antes de Nadal poderedes comezar a desfrutar das mochilas viaxeiras!
Ademais, como sabedes este curso temos unha nova mochila relacionada co proxecto da Biblio: a "mochila emocionante". Podedes ver a continuación as novidades que leva dentro:
E aquí vos amosamos as últimas adquisicións da Biblio en relación ao tema das Emocións:
Ademais, como sabedes este curso temos unha nova mochila relacionada co proxecto da Biblio: a "mochila emocionante". Podedes ver a continuación as novidades que leva dentro:
E aquí vos amosamos as últimas adquisicións da Biblio en relación ao tema das Emocións:
martes, 27 de noviembre de 2018
O DÍA DOS BOSQUES
Os bosques chegan á entrada do noso centro para celebrar "o seu día"; que emocións vos evocou a nova decoración?...
lunes, 19 de noviembre de 2018
O CLUB DE LECTURA COMEZA DE NOVO: Festa de inauguración
CON L DE LER
Neste curso apuntástesvos moitos estudantes a esta actividade, o cal nos alegra e motiva moito, así que decidimos comezar facendo unha festa: a ocasión merecíao!
Desfrutade das fotos e aproveitamos para desexarvos que a través das vosas lecturas, compartades moitas emocións.
Antes de entrar na sala:

E xa dentro dela, degustamos unha pequena merenda que preparou a coordinadora do Club, Ana Rey, xunto con outros compañeiros que se unen tamén ao club (Guillermo, Amparo, Ana Calvo, Helen, José Manuel e María):

martes, 6 de noviembre de 2018
HALLOWEEN TERRORÍFICO...
No recreo do día 31, xunto coas imaxinativas cabazas, vivimos un Halloween-sorpresa coa aparición dunha extraña nai tan coitada e preocupada polo seu "bebé"... Dirixiuse a alumnado, profesorado, ... pero ninguén soubo acougala... máis ben estabamos todos un tanto "asustados"... 😄😄
Aquí vos quedan algunhas fotos inesquencibles...!!! Grazas Ana por emocionarnos coa túa "perfomance"-sorpresa!!
Aquí vos quedan algunhas fotos inesquencibles...!!! Grazas Ana por emocionarnos coa túa "perfomance"-sorpresa!!

miércoles, 31 de octubre de 2018
CABAZAS EMOCIONANTES... E GAÑADORAS
Desfrutade do vídeo que nos preparou Amparo coas emocionantes cabazas que presentastes para o concurso de Halloween!


E... xa podedes coñecer cales foron as cabazas gañadoras!! NORABOA!!!
Queremos darvos tamén os nosos parabéns a todo o alumnado participante pola preciosa exposición, na que destacou a vosa orixinalidade e bo humor!! Desfrutade das fotos!


martes, 30 de octubre de 2018
EMOCIÓNS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!
O mércores 24 de Outubro a Biblio púxose de festa, pois era "o seu día"!!
Podedes lembrar os distintos momentos da celebración con varias fotos que engadimos a continuación:
- Estreamos cartel feito colaborativamente por alumnado de distintos niveis da man da profe Ana Calvo (membro do equipo da Biblio) e tamén preparamos unha exposición "emocionante" cos agasallos do sorteo:


- Os titores de 1ºESO repartiron os carnés ao novo alumnado:


- E, por suposto, celebramos o sorteo con moitos agasallos que agardamos vos gustasen, pois ían preparados con moito agarimo!
martes, 23 de octubre de 2018
SESIÓNS DE FORMACIÓN PARA OS NOVOS USUARIOS
Os grupos de 1ºESO recibiron, por parte da coordinadora da Biblio, Helen, unhas charlas explicativas para coñecer mellor cómo se usa a Biblio e sacarlle o mellor partido a todo que nos ofrece.
Aquí vos deixamos unhas fotos sobre estas importantes xornadas de formación:

Aquí vos deixamos unhas fotos sobre estas importantes xornadas de formación:


E, se queredes poñervos a proba, e ver se realmente
tamén vós coñecedes como funciona a Biblio... podedes xogar ao pasapalabra cuxo
enlace atoparedes na entrada anterior a esta. Sorte!!
martes, 16 de octubre de 2018
XOGANDO AO PASAPALABRA: FORMACIÓN USUARIOS
Fai clic no seguinte enlace para poñer a proba os teus coñecementos sobre a Biblio.
Abrirase un rosco PASAPALABRA e xa podes comezar a xogar!
Moita sorte!!
http://formadorestic.com/pasapalabra/pasapalabra.swf?desde=20439&hasta=20449&entorno=1&IDpartida=20443&estado=0Crea tu pasapalabra educativo
martes, 9 de octubre de 2018
NUBES DE EMOCIÓNS NOS RODEAN!
Move o rato por enriba da nube de emocións e verás como se resaltan as distintas emocións principais e secundarias:
AS CORES REFLICTEN E SUXIREN EMOCIÓNS!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)