martes, 14 de mayo de 2019

ANTONIO FRAGUAS, HOMENAXEADO NAS LLGG

       Desde a Biblio queremos tamén unirnos á celebración do Día das Letras Galegas; e, por se queredes afondar máis sobre a figura do homenaxeado este ano, Antonio Fraguas, deixámosvos algúns enlaces, entre os que vos recomendamos o traballo feito polo alumnado do CEIP A Ponte:


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipaponte/node/806

http://museodopobo.gal/web/fraguas.php?lang=ga

 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2019/05/08/biografia-bibliografia-antonio-fraguas/0003_201905SE8P6991.htm

 Feliz Día das Letras Galegas!!!

viernes, 3 de mayo de 2019

LECTURA COMPARTIDA : AS EMOCIÓNS A ANÁLISE

Traballos sobre lecturas directamente relacionadas con diversas emocións



 O alumnado seleccionou para ler e analizar algúns libros que estivesen relacionados con algunha das emocións. Investigaron sobre a mesma. Localizaron parágrafos que lles servisen como exemplo e,  para rematar, indicaron outros títulos que nos puidesen transmitir a mesma emoción para retarnos a lelos.
 Ao remate, a súa creatividade fíxolles escribir textos propios en prosa, verso e mesmo con algunha ilustración para ver se eran quen de transmitir algunha das emocións escollidas.

Algunhas das obras seleccionadas foron: Camino de la felicidad, Rebeldes, La noche más oscura, El gato negro, Diario del búnker, Romeo y Julieta, Nunca seré tu héroe...


martes, 30 de abril de 2019

CONCURSO: EMOCIONÓMETRO DE LECTURAS

       Moitos compañeiros xa se animaron a participar no concurso... aquí vos deixamos algunhas fotos; e lembrade que o prazo remata este venres 3 de maio... non o deixedes para o último día!



martes, 23 de abril de 2019

23 de abril: Celebrando o DÍA DO LIBRO!!!

      Un día especial para a Biblio... unha clase especial de Lingua Castelá para 1ºESO... e un especial concurso ao que estades todos convidados... e cuxo prazo ampliaremos ata o 5 de maio para que non se quede ninguén sen poder participar!
      Todo isto para celebrar esta data tan importante: o Día do Libro!!

       As profes de Lingua Castelá, Ana Calvo e Ana Rey, compincháronse para levar a cabo unha clase compartida na que o tema foron as emocións que nos produce a lectura: falaron de libros, intercambiaron impresións sobre temáticas, xéneros literarios, ... e todo isto na entrada do centro, a carón da exposición da Biblio!
       Aquí tendes a proba desta interesante e motivante xornada:


       E aproveitadmos para animarvos a participar no concurso "USA O EMOCIONÓMETRO DE LECTURAS/PELIS":
Trátase de que escollades algún libro ou película da exposición, valoredes a emoción que vos produce e logo nos convenzades con bos argumentos a nós (o equipo da Biblio) para lelo ou velo.  Preguntade a Estrella polo emocionómetro

       Os ou as que consigades ser máis convincentes, seredes os/as que levaredes o premio!

MOITA SORTE!!!



jueves, 11 de abril de 2019

DESDE A BIBLIO DESEXÁMOSVOS UNHAS BOAS VACACIÓNS

      Queremos desexarvos desde o Equipo da Biblio que desfrutedes das vacacións de Semana Santa e que vos deixedes emocionar con boas lecturas...
      E aproveitamos para ofrecervos un adianto do concurso que estamos preparando para a volta, posto que o martes 23 de Abril estamos de celebración: é o Día do Libro!
      Estade atentos ás instrucións do concurso cando volvades e animádevos a participar!
 
















martes, 9 de abril de 2019

EMOCIÓNS PARTICIPANDO NO "PASSWORD"

      O alumnado de 4ºESO viaxou a A Laracha para competir nun divertido concurso organizado polos departamentos de inglés de tres centros: os IES Agra de Leborís de A Laracha, o Isidro Parga Pondal de Carballo e o noso.
            Trátase do PASSWORD: nel, deben poñer a proba as súas habilidades lingüísticas e comunicativas en lingua inglesa. Âdemais, o alumnado dos tres centros pasa unha xornada de convivencia e intercambio igualmente interesante desfrutando de diferentes actuacións realizadas por alumnado dos tres centros.
      Aquí tendes algunhas imaxes dos nosos representantes xunto cos carteis e pancartas que prepararon os seus compañeiros para animalos. Esta vez non gañamos... pero o importante é participar!!





martes, 2 de abril de 2019

VISITA Á CIDADE DA CULTURA (GAIÁS)

      Recentemente, un grupo de alumnado de 1º da ESO fixo unha visita ao Gaiás, en Santiago.
 Tratábase dun traballo de investigación in situ para documentarse sobre a Biblioteca o e Arquivo de Galicia. Sen embargo, a actividade deu para moito máis: descubrir a Bola de libros xigante (de Alicia Martín), tentar buscar entre as Torres Hejduk unha terceira, desfrutar da exposición "Valor e mestría. Galicia como fútbol" e, tamén, escudriñar no "esqueleto dunha biblioteca".
      Unha visita totalmente satisfactoria para o alumnado e as profes acompañantes!