Todo isto para celebrar esta data tan importante: o Día do Libro!!
As profes de Lingua Castelá, Ana Calvo e Ana Rey, compincháronse para levar a cabo unha clase compartida na que o tema foron as emocións que nos produce a lectura: falaron de libros, intercambiaron impresións sobre temáticas, xéneros literarios, ... e todo isto na entrada do centro, a carón da exposición da Biblio!
Aquí tendes a proba desta interesante e motivante xornada:
E aproveitadmos para animarvos a participar no concurso "USA O EMOCIONÓMETRO DE LECTURAS/PELIS":
Trátase de que escollades algún libro ou película da exposición, valoredes a emoción que vos produce e logo nos convenzades con bos argumentos a nós (o equipo da Biblio) para lelo ou velo. Preguntade a Estrella polo emocionómetro
Os ou as que consigades ser máis convincentes, seredes os/as que levaredes o premio!
MOITA SORTE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario