viernes, 6 de marzo de 2015

VISITOUNOS O ESCRITOR VICENTE MUÑOZ PUELLES

   Encontro co escritor valenciano, Vicente Muñoz Puelles, o día 9 de febreiro de 2015 nas dúas sesión da tarde do luns.
   Presentou a obra Polizón a bordo entre o alumnado de 1º da ESO.

 Ao remate, fíxoselle entrega dun agasallo moi especial: un conto colectivo Humana por una temporada (creado polo alumnado de 1º da ESO) que tiña por protagonista a unha vaca con problemas intestinais .



Este é o personaxe principal da xornada!
 Naceu no noso IES con motivo deste encontro porque, para a ocasión, o alumnado contou  a historia dos seus terribles problemas intestinais...

UN ENTROIDO MOI TURÍSTICO

Este curso, na nosa liña viaxeira, disfrazámonos de turistas. Seguimos disfrutando co proxecto lector e cada quen decidiu o seu lugar de destino.
Houbo desfiles, concurso. risas e premios...


lunes, 2 de marzo de 2015

DÍA DA PAZ NO MARUXA MALLO

      Este curso para celebrar o Día da Paz decidimos dedicarlle a xornada aos Premios Nobel da Paz do século XXI. Cada grupo traballou sobre un premiado ou premiada e preparou información para expoñer nas portas das aulas para así compartilo con todos. Titorías e  equipo de Dinamización prepararon unha presentación ppt. para proxectar no recreo do día 30. Presentación que disfrutamos de xeito conxunto a ritmo de Rosario Flores, John Lennon, Ana Belén, etc.
Na imaxe recóllese un momento da proxección

jueves, 8 de enero de 2015

A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis ,  deixaron o centro no Nadal para viaxar e compartir coas familias moitas novas aventuras en forma de libros, xogos e outros materiais...

Esta é a máis tímida (a das Viaxes) porque ten un papel protagonista este curso.
Para ela será a súa primeira saída ao exterior.


martes, 2 de diciembre de 2014

VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL

O pasado luns, 24 de novembro, visitamos a biblioteca do concello e puidemos ver e disfrutar de moitos libros de viaxes. Tamén nos deron unha interesante charla contra a violencia de xénero. 





Na imaxe estamos na Biblioteca municipal coa coordinadora da mesma.

martes, 18 de noviembre de 2014

A NOSA BIBLIO ESTÁ MOI VIAXEIRA!

 Parece que xa está a interpretar o papel deste ano que dedicamos ás viaxes...

 Agora xa non lle parece suficiente con saír do seu espazo para visitar todo o IES (baixo aparencia de mural, presentación en ppt, kamishibais, folios A3, A4, viñetas, cartolinas, etc.) senón que emprendeu aventura cara á Santiago!!!

 O pasado sábado, 8 de novembro, participou nas "V Xornadas de Bibliotecas escolares" presentando o traballo conxunto que se fixo no centro sobre o tema do Proxecto lector "O ano do Cómic". 

 Que dicir de poder compartir esa experiencia co resto das biblios?
 FANTÁSTICOOOO!!!


jueves, 13 de noviembre de 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Repetimos traxe de festa para celebrar o Día das bibliotecas porque é o cartel do ano pasado pero non nos importou nada porque o día foi igualmente especial entre carnés, sorteos, agasallos...