miércoles, 9 de abril de 2014

O Entroido disfrazouse de cómic

Estas son algunhas fotos divertidas con varios dos premiados e premiadas deste concurso de disfraces.

jueves, 13 de marzo de 2014

miércoles, 19 de febrero de 2014

DÍA DA PAZ 2014: As árbores mensaxeiras da Paz enchéronse de follas con textos diversos neste día sinalado.







ÁRBORES DA PAZ cheas de follas con mensaxes de paz. No centro da imaxe o mapa (elaborado por Dinamización Lingüística) baixo o lema de "Países nos que a pomba da paz está ferida de guerra".



O texto recolle: "Un insulto non é unha palabra, son miles de lágrimas"

"Oxalá que non haxa máis guerra"
"Si quieres hacer la paz no hables con tus amigos, habla con tus enemigos"


"A paz: un dereito para todos, un pracer para moi poucos"

martes, 18 de febrero de 2014

Así é a MOCHILA DO CÓMIC



Imaxe con parte do contido desta mochila.


A etiqueta da mesma é un debuxo de Sabela ARIAS (creadora de Icía e avoa, tal e como mostra este deseño que nos preparou para a mochila temática deste curso).
 Un ano máis agradecemos a colaboración desta profesora de EPeV do noso centro.






AS MOCHILAS VIAXEIRAS xa están de viaxe!


Nesta imaxe observamos o momento no que deixan o  IES para compartir experiencias co noso alumnado e as súas familias. Ao fondo da imaxe, de gris e azul, asoma timidamente a mochila do cómic na súa primeira saída ao exterior.

Mafalda e Tintín danvos a benvida ao noso IES

Así recibimos este curso académico a quen se achega ao Maruxa Mallo. Non cabe dúbida! É o ano do cómic!

miércoles, 30 de octubre de 2013

Benvida ao novo curso 2013-2014!

Este ano o tema do Proxecto lector do noso IES é nin máis nin menos que o grande universo do mundo do CÓMIC e a BANDA DESEÑADA...
Faremos o que poidamos, coma sempre, pero parece que a cousa "pinta" moi ben.
Preparamos ese cartel para empezar a traballar...

Se debemos retirar algunha das imaxes empregadas na confección deste póster, fáremolo en canto así nos sexa requirido.