miércoles, 11 de junio de 2025

Detective Ferruchi, un dos últimos libros do club de lectura de adultos.

 No xantar dese luns, 5 de maio, xuntámonos os membros do club de lectura para comentar Detective Ferruchi, novela de Marta Villar.

O título, froito dun híbrido que nos resultou sorprendente, polo estraño e case imposible de casar conceptos como a alta costura e os ferros. Iso non nos axudou moito nun principio. Logo, entre as cartas de Xan e as reviravoltas de Sol e Amil, xa nos fomos centrando, pese a esa diversidade de temas que ían abrindo portas e máis portas. O máis doado sería perderse sen dar coa saída pero non foi o que sucedeu.


 Coincidimos nos nosos comentarios en que esta periodista malpicá introduciu moitos temas na novela. Houbo opinións diversas á hora de decidir se eran demasiados ou se non o eran. En xeral, a valoración da obra foi bastante positiva.

Deixamos atrás a Sol, Amil, Acacio, Xan, Xulio, Cantoná, O Milano e comezamos outra viaxe, a última deste curso. 

Agora fomos da man do escritor Manuel Rivas e das páxinas da súa nova novela, Tras do Ceo. Na próxima entrada poderedes ler as nosas impresións.


 


No hay comentarios: