9 de outubro de 2026
miércoles, 4 de noviembre de 2026
viernes, 29 de mayo de 2026
DÍA DO LIBRO. LER ESTÁ DE MODA
O día 23 de abril reunímonos na entrada do IES todos os clubs de lectura. Lemos e compartimos fragmentos dos nosos libros favoritos nunha sesión de lectura conxunta que resultou moi gratificante.
Equipámonos cunhas camisetas que encargamos para a ocasión e formamos un gran grupo!!!
Aí van algunhas imaxes:
viernes, 24 de octubre de 2025
INAUGURACIÓN DO CLUB DE LECTURA
CON CADA LIBRO UNHA HISTORIA DIFERENTE DA QUE FALAR
24 de outubro de 2025
Club inaugurado! Unha mañá de presentacións e agasallos...
sábado, 27 de septiembre de 2025
domingo, 15 de junio de 2025
ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
Este club de lectura de adultos pechou o curso o pasado luns, 9 de xuño, coa lectura da novela de Manuel Rivas, Tras do Ceo.
Con Emmanuelle Laborit escuchamos el mudo grito de una gaviota a través de las páginas de su libro. Ella queriendo conectar con el mundo con el único sonido que conseguía pronunciar.
Gracias a García Márquez sufrimos ese ahogado grito sanguinolento de Santiago Nasar, ¡Ay! Ese fatum del que no pudo huir ni del que tampoco pudimos prevenirle a tiempo. No lo consiguieron los personajes de la obra y tampoco pudimos hacerlo como meros lectores y lectoras de sus páginas.
Ben preto da saída de Ordes na autoestrada, fomos da man dunha libreira con alma de detective, coñecida como Ferruchi. Entre preguntas e temas diversos foi quen de dar co asasino do veterinario, ese que parecía non ter vida, nin animais, pero cun mundo interior ben enrevesado. Quizais polas circunstancias vividas cando perdeu o pai, pero iso non o descubrimos ata a metade da novela.
En galego e, tamén, da man dun escritor galego, Manuel Rivas, fomos ata Tras do Ceo. Entramos nel, todo sexa dito, cun certo temor do que iamos atopar...¿cazadores?, ¿un xabaril branco? Supoño que a imaxe de Abril chegou para deixar a luz do seu nome e para que non quedemos só coa sensación noxenta da crueldade e das miserias dunha vila e das súas xentes.
GRACIAS ás persoas que formaron parte deste club!!!
Por escoitar, por participar, por ler e por aportar.
Neste caso, creo que si que conseguimos manter o lema e o espírito co que naceu este club de lectura:
LECTURAS COMPARTIDAS = EXPERIENCIAS VIVIDAS
GRACIAS!!!
miércoles, 11 de junio de 2025
Detective Ferruchi, un dos últimos libros do club de lectura de adultos.
No xantar dese luns, 5 de maio, xuntámonos os membros do club de lectura para comentar Detective Ferruchi, novela de Marta Villar.
O título, froito dun híbrido que nos resultou sorprendente, polo estraño e case imposible de casar conceptos como a alta costura e os ferros. Iso non nos axudou moito nun principio. Logo, entre as cartas de Xan e as reviravoltas de Sol e Amil, xa nos fomos centrando, pese a esa diversidade de temas que ían abrindo portas e máis portas. O máis doado sería perderse sen dar coa saída pero non foi o que sucedeu.
Coincidimos nos nosos comentarios en que esta periodista malpicá introduciu moitos temas na novela. Houbo opinións diversas á hora de decidir se eran demasiados ou se non o eran. En xeral, a valoración da obra foi bastante positiva.
Deixamos atrás a Sol, Amil, Acacio, Xan, Xulio, Cantoná, O Milano e comezamos outra viaxe, a última deste curso.
Agora fomos da man do escritor Manuel Rivas e das páxinas da súa nova novela, Tras do Ceo. Na próxima entrada poderedes ler as nosas impresións.
jueves, 24 de abril de 2025
FELIZ SEMANA DO LIBRO!
LE e CURIOSEA!
Porque hai moitos tipos de libros, este ano sacamos ao corredor unha pequena mostra...
jueves, 10 de abril de 2025
martes, 8 de abril de 2025
A BIBLIOTECA ESTÁ DE REFORMAS
Proximamente subiremos a imaxe do resultado final dese novo espazo na biblio.
Polo momento, caixas, andeis desmontados, mesas sen orde...
BIBLIOJUEGO 2025
Preguntas sobre os libros de lectura en 1º da ESO. As respostas podían buscarse
nos lapbooks preparados polo alumnado e nos propios libros na biblioteca.
Aí van algunhas imaxes
lunes, 10 de marzo de 2025
Reunión do club de lectura de adultos o 24 de febreiro de 2025
A reunión xirou arredor de Santiago Nasar, si, aquel que en el día que lo iban a matar se levantó a la 5.30 de la mañana para esperar el buque en el que llegaba el obispo.
Como vedes, tocou todo un clásico, Crónica de una muerte anunciada, e houbo opinións diversas. En xeral, a trama convenceu e deunos para debater sobre por que ninguén o avisou, por que ela daría ese nome que sentenciou ao personaxe, a superstición; o viúvo que lle vende todo, mesmo os recordos, a quen pensa que con cartos todo ten prezo, etc.
Lasaña, brownie e queique de Ordes foron o marco culinario desta historia.
Aí vai unha imaxe con algunhas das persoas que participaron:
Das propostas que tiñamos escolleuse a de Marta Villar, Detective Ferruchi. Esa é a próxima aventura!!!
jueves, 19 de diciembre de 2024
lunes, 9 de diciembre de 2024
CLUB DE LECTURA DE ADULTOS
O xantar de hoxe foi o momento no que compartimos as nosas impresións sobre o libro de lectura, El grito de la gaviota.
Sabor a lectura, arrecendo a crema de cabaza deliciosa e a chocolate e a queique e a café e a tantas ideas interesantes!!! Sempre sorprende o que cada quen interpreta dun mesmo texto e dunha mesma trama. Gracias por compartir!!!
Foi unha velada ben agradable. Nesta autobiografía Emmanuelle Laborit fíxonos pensar nas dificultades que teñen que superar as persoas xordas e que, por veces, son invisibles ata que alguén nos achega a elas. Tamén vivimos nas páxinas deste libro o espírito de superación desta actriz francesa, Sol que sale del corazón.
Aquí vai algunha imaxe:
martes, 3 de diciembre de 2024
XA SE ESCOLLERON LIBROS DE LECTURA...
O club de lectura de adultos está a ler unha obra da actriz francesa Emmanuelle Laborit, El grito de la gaviota. O vindeiro luns, 9 de decembro compartiremos as nosas impresións sobre este libro entre café e pastas.
Nos clubs de 1º e 2º da ESO, un equipo anda a investigar sobre unha avoa gánster
que agocha uns cantos segredos nas páxinas do libro de D. Walliams.
Todo consiste en tentar descubrilos...Conseguirano? Xa se verá!
O outro equipo de 1º e 2º da ESO está centrando a súa lectura na figura de Isabel Zendal
e no seu relevante papel na vacina da varíola. Foi unha persoa que
naceu no noso concello (Ordes), concretamente na parroquia dalgún dos
alumnos que forman parte dese grupo. A priori xa promete...
Outro equipo de 1º ESO está a crear as súas propias historias de terror no club de escritura e xa compartiron unha delas co alumnado, "A nena da curva". Foi unha representación teatral arrepiante! Noraboa!
E.A. Poe ocupa os espazos do club de 3º da ESO, o corazón pode delatar a alguén? será quen de manterse tranquilo ante a chegada da policía?
Algunha imaxe:
O CLUB DE LECTURA ESTÁ EN MARCHA!!!
Este ano a inauguración do espazo do club de lectura fíxose en días diferentes.
A primeira xuntanza foi o día 29 de outubro e a segunda fixémola o día 13 de novembro. En calquera caso, este curso académico o formato da invitación tivo un carácter especialmente lúdico polos 25 anos que cumpre o noso IES.
martes, 4 de junio de 2024
CLUB DE LECTURA
Reunión do CLUB DE LECTURA DE ADULTOS para compartir libro, misterio, café e galletas artesás. Coma sempre, estas xuntanzas deixan un moi bo sabor de boca.
Neste link podes ver como van os outros catro clubs de lectura: o club azul e club verde de 1º da ESO; club laranxa de 2º da ESO e o club King de 3º e 4º da ESO.
viernes, 31 de mayo de 2024
MOCHILA MUSICAL
viernes, 27 de octubre de 2023
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Pois con toda esta fauna de biblioteca o resultado foi UNHA BIBLIOTECA CHEA DE VIDA, DE ACCIÓN, DE CURIOSIDADE E DE ESPACIO COMPARTIDO.
viernes, 20 de octubre de 2023
A MÚSICA: HAI VIDA MAIS ALÁ DO REGUETÓN.
Xa está en cada un de nós o traballo de ler, entender e pensar.
jueves, 8 de junio de 2023
XESÚS FRAGA SÁNCHEZ. Encontro co Club de lectura de adultos
Esta é unha desas entradas que custa facer no limitado espazo do blog. Destacar a incrible emoción que a novela Virtudes (e misterios) trouxo ao grupo do club de lectura de adultos do noso IES. Absolutamente recomendable!!!
Este grupiño, que compartimos mesa e xantar algún luns, está formado por docentes, persoal non docente e persoal da cafetería do centro e puido desfrutar da xenerosidade deste escritor a tarde do martes, 23 de maio na biblio. Despois da deliciosa conversa, acompañada de lasaña e postre exquisito, reunímonos na biblio con este escritor galego.
Non reparou en compartir con nós, como xa fixera na propia novela, vivencias persoais (vividas e sentidas).
Levounos da man da súa familia polos tempos da emigración: Londres e Galicia par un neno, un neto, un fillo, un sobriño, un primo.
Na dedicatoria que nos deixou nos libros queda a pegada dese London de Betty.
Grande, Virtudes! (ela quizáis diría que non é para tanto).
Graciñas, Xesús!!!
IMAXES:
VÍDEO CLUB LECTURA 2022-2023
Enlace:





.jpg)



.jpg)




.jpg)










.jpg)















