domingo, 15 de junio de 2025

ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS


 Este club de lectura de adultos pechou o curso o pasado luns, 9 de xuño,  coa lectura da novela de Manuel Rivas, Tras do Ceo.

Con Emmanuelle Laborit escuchamos el mudo grito de una gaviota a través de las páginas de su libro. Ella queriendo conectar con el mundo con el único sonido que conseguía pronunciar.

Gracias a García Márquez sufrimos ese ahogado grito sanguinolento de Santiago Nasar, ¡Ay! Ese fatum del que no pudo huir ni del que tampoco pudimos prevenirle a tiempo. No lo consiguieron los personajes de la obra y tampoco pudimos hacerlo como meros lectores y lectoras de sus páginas.

Ben preto da saída de Ordes na autoestrada, fomos da man dunha libreira con alma de detective, coñecida como Ferruchi. Entre preguntas e temas diversos foi quen de dar co asasino do veterinario, ese que parecía non ter vida, nin animais, pero cun mundo interior ben enrevesado. Quizais polas circunstancias vividas cando perdeu o pai, pero iso non o descubrimos ata a metade da novela.

En galego e, tamén, da man dun escritor galego, Manuel Rivas, fomos ata Tras do Ceo. Entramos nel, todo sexa dito, cun certo temor do que iamos atopar...¿cazadores?, ¿un xabaril branco? Supoño que a imaxe de Abril chegou para deixar a luz do seu nome e para que non quedemos só coa sensación noxenta da crueldade e das miserias dunha vila e das súas xentes.

GRACIAS ás persoas que formaron parte deste club!!!

Por escoitar, por participar, por ler e por aportar.

Neste caso, creo que si que conseguimos manter o lema e o espírito co que naceu este club de lectura:

LECTURAS COMPARTIDAS = EXPERIENCIAS VIVIDAS

GRACIAS!!!


miércoles, 11 de junio de 2025

Detective Ferruchi, un dos últimos libros do club de lectura de adultos.

 No xantar dese luns, 5 de maio, xuntámonos os membros do club de lectura para comentar Detective Ferruchi, novela de Marta Villar.

O título, froito dun híbrido que nos resultou sorprendente, polo estraño e case imposible de casar conceptos como a alta costura e os ferros. Iso non nos axudou moito nun principio. Logo, entre as cartas de Xan e as reviravoltas de Sol e Amil, xa nos fomos centrando, pese a esa diversidade de temas que ían abrindo portas e máis portas. O máis doado sería perderse sen dar coa saída pero non foi o que sucedeu.


 Coincidimos nos nosos comentarios en que esta periodista malpicá introduciu moitos temas na novela. Houbo opinións diversas á hora de decidir se eran demasiados ou se non o eran. En xeral, a valoración da obra foi bastante positiva.

Deixamos atrás a Sol, Amil, Acacio, Xan, Xulio, Cantoná, O Milano e comezamos outra viaxe, a última deste curso. 

Agora fomos da man do escritor Manuel Rivas e das páxinas da súa nova novela, Tras do Ceo. Na próxima entrada poderedes ler as nosas impresións.