Estes días andamos con diversas actividades nos diferentes clubs de lectura que non só consisten na propia lectura dun libro. O certo é que o tempo se nos bota enriba moitas veces pero... 
Nun dos nosos clubs  creouse un xogo no que hai unha deliciosa recompensa lectora detrás dun código que toca descifrar. Non é tan doado como pode parecer... 
|  | 
| Tocaba descifrar a clave que tedes na imaxe | 
 A outra actividade consiste en crear unha historia conxunta (cada club vai continuando a que deixou o club anterior). Aproveitando o tema da biblio deste curso sobre o cine está saíndo un guión no que parece que hai un crime nunha vila pequena...
|  | 
| Este é o caderno que se emprega. | 
|  | 
| Na imaxe un momento no que, mentres aproveitamos o noso recreo, lemos o texto que escribiron antes ca nós para continualo. | 


 
No hay comentarios:
Publicar un comentario