martes, 5 de febrero de 2019

OBRADOIRO NA BIBLIO CON ALBA ALONSO FEIJOO

       A semana pasada puidemos contar na Biblio con Alba Alonso Feijoo, unha experta en educación pola igualdade, conferenciante e formadora. Colabora en diversos medios de comunicación e posúe un blog sobre temáticas como igualdade de xénero, transxénero, cyberbullying, ...
Por se che interesase deixamos a continuación o enlace ao seu blog: Realkiddys https://www.realkiddys.com/blog/      https://www.realkiddys.com/talleres-cyberbullying-design-thinking/   

       Alba veu ao noso centro para realizar uns obradoiros co alumnado de 2ºESO: "Talleres Cyberbullying usando Design Thinking". A técnica Design Thinking é a que se emprega en empresas como Google, Apple, IBM, ... para resolver problemas en equipos.
       Falounos das grandes potencialidades que tendes os adolescentes, poñéndonos exemplos coma os da xoven canadiense de 15 anos, Ann Makosinsk, que conseguiu inventar unha linterna que funciona con calor humano, que podería permitir que estudantes en países onde teñen abundantes cortes de electricidade puidesen igualmente ler e estudar.                                       Ann Makosinsk:

       Estes obradoiros resultaron moi entretidos, o alumnado implicouse moito e, a través das cinco fases desa técnica (empatizar, definir, idear, prototipar e evaluar/compartir) cada equipo foi obtendo de xeito dinámico e creativo, a súa solución para combatir o cyberbullying.
      Podedes ver a continuación varias fotos sobre o desenvolvemento destes obradoiros:

 
       Un dos vídeos cos que traballou Alba para que empatizásemos co problema do Cyberbullying, está realizado integramente por un rapaz irlandés de 13 anos (Luke Culhane). Este tivo un grande éxito, convertiuse en viral. Por se queredes volver a velo, aquí o tendes: http://pequelia.republica.com/videos-y-utilidades/video-un-nino-irlandes-contra-el-ciberbullying.html

1 comentario:

Alba Alonso Feijoo dijo...

Encantoume pasar un ratiño con vos! Bicos fortes dende Vigo!