Achégate á biblio para anotarte na listaxe de reserva das diferentes
MOCHILAS VIAXEIRAS!!!
O venres, 11 de novembro, inauguramos o espazo do Club de Lectura cunha
xuntanza dos diferentes clubs (dous en 1ºESO; un en 2ºESO; dous en 3º e 4º da
ESO).
Este recuncho de lectura estivera pechado por mor da pandemia e foi toda unha
festa abrilo novamente. Como o tempo acompañou, xuntámonos no patio e logo
fomos entrando no club co profesorado moderador de cada nivel.
Ao final, máis de 50 persoas que comparten e celebran a lectura...
Na cortiza da túa aula de 1º e 2º da ESO terás un documento no que podes
apuntarte neste xogo tipo Trivial que se desenvolverá nos recreos dos martes
e/ou os venres na biblioteca.
Os equipos estarán formados por dúas persoas e precisarase un ordenador
portátil. Tratarase de respostar unha batería de 10 a 15 preguntas na plataforma
Kahoot. As preguntas poderán versar sobre temas de actualidade, materias do
currículum, aspectos relativos ó centro e calquera dos seus departamentos ou
sobre o tema anual da biblioteca, entre outros.
ANÍMATE A PARTICIPAR!
A semana pasada comezaron esas xuntanzas nas que o alumnado escolleu a
temática do club no que quere participar. Aí van algunhas imaxes...
O pasado luns, 3 de outubro, Claudio e Ana Calvo presentáronlle ao alumnado de 1º da ESO a biblio do centro: servizo de empréstito, procura de materiais, actividades que se organizan, hemeroteca, etc.