lunes, 24 de octubre de 2022

HOXE É O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!!!

 Aí van algunhas imaxes do sorteo que se fixo esta mañán:




 

PRIMEIRAS REUNIÓNS DOS CLUBS DE LECTURA

 A semana pasada comezaron esas xuntanzas nas que o alumnado escolleu a 

temática do club no que quere participar. Aí van algunhas imaxes...

 



 

viernes, 14 de octubre de 2022

PREPARANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS, 24 de outubro

24 de outubro 
 
Imaxe cos PREMIOS do sorteo que se celebrará o luns, 24 de outubro durante o recreo.

Formación de novos usuarios e usuarias de 1º da ESO

O pasado luns, 3 de outubro, Claudio e Ana Calvo presentáronlle ao alumnado de 1º da ESO a biblio do centro: servizo de empréstito, procura de materiais, actividades que se organizan, hemeroteca, etc.




 

viernes, 23 de septiembre de 2022

A AVENTURA COMEZA...SÓ TÉS QUE ANOTARTE PARA FORMAR PARTE DELA!

 Un ano máis, poñemos a andar o club de lectura.STOP. Terás na cortiza da túa aula un impreso no que anotarte. STOP. Tenta conseguir unha praza.STOP. Pronto terás algunha noticia.STOP. 

                                                                              

                       Con L de ler                                                 




Este curso a coordinadora do Club de Lectura é Ana Calvo, profe de Lingua Castelá e o coordinador da Biblioteca é Claudio, profe de Inglés.

lunes, 19 de septiembre de 2022

BO COMEZO DE CURSO!!!

 Desde a biblioteca do Maruxa Mallo dámosvos a benvida desexando que teñades un bo curso!!!


Lembrámosvos que o tema deste ano é: "O mundo: un espazo cambiante baixo o microscopio do IES Maruxa Mallo".







domingo, 26 de junio de 2022

Despedida do Club de lectura. 22 de xuño de 2022

LECTURAS + COMPARTIR= CLUB DE LECTURA

 


O último día de clase xuntámonos os membros de todos os clubs para facer unha sesión de lectura compartida e recibir agasallos varios.

vídeo: clublectura

Aproveitamos para despedir a María, a coordinadora do club ConLdeler, desexándolle moita sorte no seu novo destino e agradecéndolle a súa implicación sempre nas actividades relacionadas co club e coa biblio. Foi unha mañán chea de emocións...

 

Moitas gracias por todo, é un pracer traballar con persoas coma ti!!!