jueves, 21 de marzo de 2019

EMOCIÓNS POSITIVAS NO DÍA DE PI!

      O 14 de marzo vimos celebrando nos últimos anos o Día de Pi.
      A iniciativa de celebrar este día xurdíu desde o mundo anglosaxón, posto que 14 de marzo desígnase neses países como 3/14 (primeiro o mes, e logo o día).
      Esta vez quixemos ter en conta as emocións e xenerar, mediante as matemáticas, un chisco de "alegría". Intentade comprender o "humor matemático" que se atopa nos distintos chistes e postais que preparou o alumnado de 2ºESO para a ocasión.
      Feliz Día de Pi!!!
 














miércoles, 13 de marzo de 2019

CHARLA DE IVÁN RAÑA

     
       O mércores 27 de febreiro, o noso alumnado de 1º da ESO mantivo un interesante encontro con este deportista ordense. Iván Raña acudiu acompañado por membros da súa familia, polos seus pais, a súa irmá, Natalia, e non deixou de facer referencia a eles e á importancia que teñen no seu éxito deportivo. Comentou que desde sempre lembraba o deporte na súa casa e agradeceu ese apoio incondicional ao longo da súa carreira (algúns deses momentos puidemos desfrutalos nos vídeos e imaxes que se proxectaron).      Nese contexto de charla distendida, Iván tivo un xesto cariñoso coa súa nai, Lina, sentada en primeira fila, eloxiando o moito que lle gusta a súa tortilla...
       Amosouse moi cercano compartindo con todos os presentes a súa nova aventura (automobilística) e canto teñen que poñer de traballo os seus irmáns para sacar adiante eses coches que eles soldan e preparan (porque non é, según Iván Raña, unha actividade barata).
       Os seus logros deportivos eran ben coñecidos polos asistentes á charla (independentemente da idade porque participamos xunto co outro IES de Ordes pero tamén con colexios de Educación Primaria).   Fixéronse preguntas e el resaltou ante todo a importancia do esforzo para conseguir algunha meta na vida. Seguramente, el pode facelo porque desde ben pequeno sabe o que é traballar e entrenar para conseguir vencer cando xa o corpo non responde e, segundo el mesmo di, ten que ser a mente a que siga mantendo a forza. 
       Moitas grazas! a este deportista GRANDE e HUMILDE que falaba coma se acabase de comezar a súa carreira agora, sen reparar nese palmarés que o fai tamén grande deportista de éxito. 


Imaxe do seu libro que forma parte dos nosos fondos
(cunha dedicatoria especial para o noso IES)

Un momento da distendida charla na Casa da Cultura de Ordes


martes, 12 de marzo de 2019

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

       Desde a Biblio festexamos este día cunha proposta de lecturas e películas que podedes observar na exposición da entrada. Trátase de mulleres importantes que fixeron historia pola súa valentía, personalidade, profesionalidade, ... auténticos exemplos que nos seguen a motivar hoxe en día:








ENTROIDO NO MARUXA MALLO!!

       O tempo acompañounos e puidemos facer un divertido desfile fóra do centro que resultou moi variado e lucido.
Noraboa a todas e todos os participantes!!!
Iremos colgando pouco a pouco algunhas das fotos dese día, estade atentos!














martes, 26 de febrero de 2019

ENCONTRO NA BIBLIO CON ANA ALCOLEA


       O alumnado de 1ºESO puido desfrutar dun interesante encontro con Ana Alcolea, autora do libro que leran previamente en Lingua Castelá: "El retrato de Carlota".
  


       Tras a charla coa autora, o alumnado agasallouna cunhas sorpresas relacionadas coa trama do libro:
- unha alumna trouxo o seu propio violín para tocarlle unhas pezas musicais, prepararon unhas máscaras, collares, ramo de rosas de papel, ...
       Podedes velos a continuación:




martes, 12 de febrero de 2019

AVISOS DESDE A BIBLIO!

       Unha pequena entrada no blog para lembravos que o Entroido está á piques de chegar... así que, se aínda non tendes moi claro de que vos disfrazaredes, non esquenzades que desde a Biblio premiaremos ao mellor e máis orixinal disfrace relacionado co tema das Emocións.
      Necesitades ideas? Botade unha ollada...

 Obtida en: http://increible.co/post/los-mejores-21-disfraces-grupales-para-lucir-con-tus-amigos-este-halloween/11419 



Obtida en: https://ampahemingway.wordpress.com/pru/disfraces-originales-para-carnaval-de-emoticonos-de-whatsapp7-598x598/

A EMOCIÓN DE COÑECER AOS NOSOS ANTEPASADOS PREHISTÓRICOS

       O alumnado de 4ºESO preparou, na materia de Cultura Científica, uns grandes murais informativos para que coñezamos mellor a evolución humana.
       Se aínda non o vistes, podedes observar a continuación o seu amplo e interesante traballo: