jueves, 31 de enero de 2019

AS VOSAS EMOCIÓNS... PARA CONSEGUIR A PAZ!

       A Biblio propuxo este ano unha actividade para celebrar o Día da Paz, consistente en plasmar ideas e emocións que conduzan á paz no noso arredor. Para expoñer as vosas creacións valémonos duns orixinais tendais que quedaron expostos na entrada do centro.
       Queremos felicitarvos pola vosa grande participación e tamén pola creatividade coa que nos sorprendestes. A continuación deixámosvos un resumo fotográfico da colocación dos tendais e do resultado final da actividade.
Noraboa e moitas grazas polo voso traballo!!!




















miércoles, 23 de enero de 2019

EMOCIÓNS MULTILINGÜES!!

       O alumnado de Inglés e Francés preparou esta vistosa exposición para que coñezamos como se expresan as emocións nesas linguas. Noraboa polo voso interesante traballo!









martes, 15 de enero de 2019

COMEZAMOS NOVO ANO, CON INVENTOS QUE NOS EMOCIONAN

       Emociónate cos inventos que preparou o alumnado de 1ºESO!
Podedes visitar a súa exposición na entrada do centro; mentres tanto aquí vos deixamos unha pequena mostra de fotos da inauguración da mesma e dalgúns deses curiosos inventos:















jueves, 20 de diciembre de 2018

FELICITACIÓN NAVIDEÑA DA BIBLIO

      O equipo da Biblio deséxavos unhas Felices Festas e Felices Lecturas!!!

martes, 18 de diciembre de 2018

UNHA PEQUENA MENCIÓN...

      Aínda que xa sabemos que as nosas compañeiras do equipo da Biblio: Helen (coordinadora) e Ana Calvo (anterior coordinadora) son tan traballadoras coma humildes... hoxe gustaríanos facer unha pequena mención ao seu traballo na Biblio (xa desde hai moitos anos) para contarvos que en Outubro, un traballo que prepararon resumindo o proxecto do Universo no noso centro, foi seleccionado, xunto co de outros 9 centros de toda Galicia, para que o contasen nas Xornadas de Bibliotecas de Galicia, dentro da sección "A fume de carozo".
      Damos fe de que o prepararon a conciencia e de que resultou unha interesante exposición para o público.
      Noraboa ás dúas polo voso traballo, ilusión e bo facer! Moitas grazas!!!



POR FIN SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!

       Hoxe no recreo as mochilas viaxeiras comezan a súa peculiar viaxe...
Os e as privilexiadas que as van desfrutar no Nadal, posaron para a foto antes de marchar con elas.
Desexámosvos que vos gusten, non esquenzades poñer as vosas opinións e suxestións no caderniño que levan!

A GALERÍA DAS EMOCIÓNS

       O alumnado de 4ºESO, na materia de Plástica, está elaborando pequenas obras de arte que compoñen a Galería das Emocións. Noraboa, artistas!