Facede clic no seguinte enlace e apareceravos unha imaxe interactiva na que podedes ir desfrutando coas variadas actividades que se fixeron este curso no noso centro en relación co Universo:
jueves, 7 de junio de 2018
sábado, 12 de mayo de 2018
O DÍA DE STAR WARS
May the force be with you...
May the fourth be with you...
Con este pequeno xogo de palabras consolidouse o día "4 de Maio" como o Día de Star Wars, e desde a Biblio tamén o celebramos seleccionando os fondos documentais que temos relacionados coa saga de Star Wars.
Isto permitiunos crear un Photocall para lembrar a data:
lunes, 23 de abril de 2018
ESTAMOS DE FESTA!!!! FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!
miércoles, 4 de abril de 2018
RESUMO FOTOGRÁFICO DE ACTIVIDADES DO CENTRO
Presentámosvos un resumo fotográfico de actividades que se foron realizando neste curso académico, están expostas nos ventanais ao lado da Biblioteca:
jueves, 22 de marzo de 2018
miércoles, 21 de marzo de 2018
DÍA DE PI... ASTRONÓMICO
Como xa sabemos, o 14 de marzo celébrase o Día de Pi (3-14), polo que en 1ºESO decidimos conmemorar esta data engadíndolle un "toque astronómico-artístico". A Actividade consistiu en pintar o perfil do número Pi baixo un ceo nocturno; isto é o que se coñece como un Pi-skyline.
Saíron skylines moi creativos como podedes observar nestas fotos; tratábase de crear paisaxes nocturnas nas que as alturas dos edificios veñan marcadas polas cifras do número pi: 3,14159265358979323846264338327950288419716939937510582097494459230781640628620 8998628034825342117067982148086513282306647............................

DEIXOUNOS UN GRANDE ESTUDIOSO DO UNIVERSO...
Posto que este curso a Biblio se centra no Universo, queremos facer unha mención no noso blog e lembrar a un grande estudoso do Universo, Stephen Hawking, que faleceu a semana pasada.
Temos na Biblio algunhas novelas divulgativas que publicou xunto á súa filla, Lucy Hawking:
Imaxes obtidas de Google Images
Imaxes da súa visita a Santiago de Compostela en Setembro de 2008, onde recibiu o Premio Fonseca 2008
concedido polo Programa Conciencia, que apoian conxuntamente a
Universidade de Santiago e o Consorcio de Santiago.
Podes consultar máis sobre este acontecemento aquí.
Podes consultar máis sobre este acontecemento aquí.
Temos na Biblio algunhas novelas divulgativas que publicou xunto á súa filla, Lucy Hawking:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)