martes, 16 de mayo de 2017

PREMIOS NO DÍA DO LIBRO

E, como non podía ser doutro xeito, o Día do Libro tamén se celebrou... entregando premios!
PREMIO ao curso que escribiu o mellor microrrelato: 1ºA, aquí os tendes xunto co seu titor Domingo, no centro. NORABOA!!!



Aos catro gañadores do concurso-exposición de libros de medo, fixéstelo moi ben, PARABÉNS!!!



O DÍA DO LIBRO

Este curso celebramos o Día do Libro escribindo microrrelatos de misterio e terror. Cada titoría encargouse de escribir e ilustrar o seu nunha cartolina. 
Aquí tendes o precioso resultado con todos os terroríficos microrrelatos decorando o hall do centro!

Noraboa a todos: alumnas e alumnos e aos seus titores e titoras!
Se vos achegades un pouquiño poderedes ler algúns deles... pero coidado... porque pasaredes un pouquiño de medo...:




viernes, 5 de mayo de 2017

Manuel Manquiña na biblio!

    Este actor galego estivo o pasado 24 de abril na biblioteca con alumnado de 4º da ESO.


    Ademais de compartir divertidas anécdotas da súa longa traxectoria profesional, puxo en práctica algunha das técnicas dos monólogos. 

     Aquí tedes algunha imaxe dese momento no que explicaba cómo captar e manter a atención do público:

martes, 25 de abril de 2017

Visita de Carme Vidal para falarnos de Maruxa Mallo

Xa que este curso, a homenaxeada no Día das Artes foi precisamente Maruxa Mallo,
tivemos a visita da xornalista Carme Vidal:
Esta xornalista publicou no ano 2000 unha biografía divulgativa da pintora na colección ‘Mulleres’ da editorial A Nosa Terra.






A importante investigadora lucense Tarsy Carballas visita a nosa Biblio

O 7 de Abril tivemos a honra de recibir a visita da investigadora lucense María Tarsy Carballas Fernández.  

Deunos unha charla na Biblio, respostando ás preguntas que lle preparara o alumnado de 4ºESO. E encantounos coñecer da súa man pinceladas da súa vida e das súas investigacións.

Gustounos escoitar tamén os seus consellos e vicisitudes como muller traballadora e admiramos a súa humildade a pesar da importancia do seu currículum:
 
 Licenciada en Farmacia e en Ciencias Químicas con Premio Extraordinario e doctora en Farmacia (sobresaliente cum laude) pola USC.
É pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona templado-húmida de España y na recuperación dos solos afectados polos incendios. 
Doctora ad honorem no Instituto de Investigacións Agrobiológicas del CSIC, centro do que foi directora durante 10 anos. 

miércoles, 5 de abril de 2017

O presidente da Xunta presenta o Plan LÍA desde a nosa Biblio!!

Onte recibimos unha visita que non ocorre moi a miúdo...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, achegouse ao noso centro:
Coñeceu algunhas actividades que se están a realizar co , visitou a aula de informática na que traballaba o alumnado da materia de Tratamento da Información (materia moi ligada ao traballo da biblioteca, na que se trata de que o alumnado adquira ferramentas para desenvolverse na actual sociedade da comunicación e da información)
E posteriormente presentou, desde a nosa Biblio, o plan LIA de bibliotecas (2016-2020).
Aquí tendes algunhas fotos da visita: 


viernes, 31 de marzo de 2017

O día 1 de abril de 2017







  Este ano 2017 o Día das Artes Galegas dedícaselle a quen lle dá nome ao noso IES: Maruxa Mallo.

 Na entrada do centro colocamos algúns dos libros que recordan a vida e o traballo desta artista.