jueves, 13 de marzo de 2014
miércoles, 19 de febrero de 2014
DÍA DA PAZ 2014: As árbores mensaxeiras da Paz enchéronse de follas con textos diversos neste día sinalado.
ÁRBORES DA PAZ cheas de follas con mensaxes de paz. No centro da imaxe o mapa (elaborado por Dinamización Lingüística) baixo o lema de "Países nos que a pomba da paz está ferida de guerra".
| O texto recolle: "Un insulto non é unha palabra, son miles de lágrimas" |
| "Oxalá que non haxa máis guerra" "Si quieres hacer la paz no hables con tus amigos, habla con tus enemigos" |
| "A paz: un dereito para todos, un pracer para moi poucos" |
martes, 18 de febrero de 2014
Así é a MOCHILA DO CÓMIC
| A etiqueta da mesma é un debuxo de Sabela ARIAS (creadora de Icía e avoa, tal e como mostra este deseño que nos preparou para a mochila temática deste curso). Un ano máis agradecemos a colaboración desta profesora de EPeV do noso centro. |
AS MOCHILAS VIAXEIRAS xa están de viaxe!
Nesta imaxe observamos o momento no que deixan o IES para compartir experiencias co noso alumnado e as súas familias. Ao fondo da imaxe, de gris e azul, asoma timidamente a mochila do cómic na súa primeira saída ao exterior.
Mafalda e Tintín danvos a benvida ao noso IES
Así recibimos este curso académico a quen se achega ao Maruxa Mallo. Non cabe dúbida! É o ano do cómic!
miércoles, 30 de octubre de 2013
Benvida ao novo curso 2013-2014!
Este ano o tema do Proxecto lector do noso IES é nin máis nin menos que o grande universo do mundo do CÓMIC e a BANDA DESEÑADA...
Faremos o que poidamos, coma sempre, pero parece que a cousa "pinta" moi ben.
Preparamos ese cartel para empezar a traballar...
Se debemos retirar algunha das imaxes empregadas na confección deste póster, fáremolo en canto así nos sexa requirido.
Faremos o que poidamos, coma sempre, pero parece que a cousa "pinta" moi ben.
Preparamos ese cartel para empezar a traballar...
Se debemos retirar algunha das imaxes empregadas na confección deste póster, fáremolo en canto así nos sexa requirido.
martes, 7 de mayo de 2013
Día do libro 2013
“LIN o libro e VIN a película” este foi o lema elixido para crear dous personaxes novos no noso IES: Lino e Vina (deseñados pola profesora de EPeV, Sabela Arias). Montamos unha exposición no centro (cos libros e a súa película) e creamos unha sección na que facer comentarios sobre os mesmos.
Ese día fixemos a entrega de premios do Bibliojuego Olímpico e dunha actividade creada este curso co nome de Edmallo Olímpico (na que se empregou un sistema de votación da rede social Edmodo para que o propio alumnado xulgase e escollese os mellores traballos da exposición olímpica).
Ao igual que no curso pasado, este ano tamén optamos por unha actividade visual e sinxela. A valoración é moi positiva porque parece que vén a demostrar que aquelas actividades nas que o alumnado personaliza os seus traballos teñen maior aceptación ca outras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




.jpg)