lunes, 9 de diciembre de 2024

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

 O xantar de hoxe foi o momento no que compartimos as nosas impresións sobre o libro de lectura, El grito de la gaviota. 

Sabor a lectura, arrecendo a crema de cabaza deliciosa e a chocolate e a queique e a café e a tantas ideas interesantes!!! Sempre sorprende o que cada quen interpreta dun mesmo texto e dunha mesma trama. Gracias por compartir!!!

Foi unha velada ben agradable. Nesta autobiografía Emmanuelle Laborit fíxonos pensar nas dificultades que teñen que superar as persoas xordas e que, por veces, son invisibles ata que alguén nos achega a elas. Tamén vivimos nas páxinas deste libro o espírito de superación desta actriz francesa, Sol que sale del corazón.

Aquí vai algunha imaxe:




 

martes, 3 de diciembre de 2024

XA SE ESCOLLERON LIBROS DE LECTURA...


 

 O club de lectura de adultos está a ler unha obra da actriz francesa Emmanuelle Laborit, El grito de la gaviota. O vindeiro luns, 9 de decembro compartiremos as nosas impresións sobre este libro entre café e pastas.

Nos clubs de 1º e 2º da ESO, un equipo anda a investigar sobre unha avoa gánster que agocha uns cantos segredos nas páxinas do libro de D. Walliams. Todo consiste en tentar descubrilos...Conseguirano? Xa se verá!

 O outro equipo de 1º e 2º da ESO está centrando a súa  lectura na figura de Isabel Zendal e no seu relevante papel na vacina da varíola. Foi unha persoa que naceu no noso concello (Ordes), concretamente na parroquia dalgún dos alumnos que forman parte dese grupo. A priori xa promete...

 Outro equipo de 1º ESO está a crear as súas propias historias de terror no club de escritura e xa compartiron unha delas co alumnado, "A nena da curva". Foi unha representación teatral arrepiante! Noraboa!

E.A. Poe ocupa os espazos do club de 3º da ESO, o corazón pode delatar a alguén? será quen de manterse tranquilo ante a chegada da policía?


Algunha imaxe:


O CLUB DE LECTURA ESTÁ EN MARCHA!!!

Este ano a inauguración do espazo do club de lectura fíxose en días diferentes. 

A primeira xuntanza foi o día 29 de outubro e a segunda fixémola o día 13 de novembro. En calquera caso, este curso académico o formato da invitación tivo un carácter especialmente lúdico polos 25 anos que cumpre o noso IES.



AGASALLOS, LIBROS, XOGOS E ALGUNHA LAMBETADA!


martes, 4 de junio de 2024

CLUB DE LECTURA

Reunión do CLUB DE LECTURA DE ADULTOS para compartir libro, misterio, café e galletas artesás. Coma sempre, estas xuntanzas deixan un moi bo sabor de boca.





Neste link podes ver como van os outros catro clubs de lectura: o club azul e club verde de 1º da ESO; club laranxa de 2º da ESO e o club King de 3º e 4º da ESO.



 

 




 

viernes, 31 de mayo de 2024

MOCHILA MUSICAL

 Como cada ano, temos a disposición do alumnado unha mochila chea de material relacionado co tema da biblioteca. Este curso, temos a MOCHILA MUSICAL. Xa pasa a formar parte dun bo conxunto de mochilas temáticas cheas de diversión, lectura e tempo compartido en familia.


viernes, 27 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Como cada 24 de outubro, chega o día das bibliotecas. Un día especial, de celebración, que ben merecería algún evento especial. Non obstante, o especial foi precisamente que o celebramos como un día normal; cos nosos lectores, xadrecistas, curiosos, espectadores activos, ou non tanto, que soamente buscan un pequeno curruncho entre estante e estante para atopar un pouco de tranquilidade persoal.

Pois con toda esta fauna de biblioteca o resultado foi UNHA BIBLIOTECA CHEA DE VIDA, DE ACCIÓN, DE CURIOSIDADE E DE ESPACIO COMPARTIDO. 

QUE MELLOR CELEBRACIÓN? 






viernes, 20 de octubre de 2023

A MÚSICA: HAI VIDA MAIS ALÁ DO REGUETÓN.

Ola a tod@s. 
Comenzamos este curso 23-24 afinando tódolos instrumentos dos que dispoñemos na biblioteca do IES MARUXA MALLO para que sexa un lugar de encontro para o alumnado. Xogaremos ó xadrez, conversaremos, concursaremos, leremos e estudaremos (lembrade que estamos na biblioteca 😅) e tamén escoitaremos música. Iso si, ímonos permitir navegar polo mundo da música máis alá do que nos ofrecen hoxe en día as nosas radios habituais.

Imaxe creada con IA.
Con esta imaxe, queremos que vexades que hai todo un universo de instrumentos, estilos e sobre todo letras que din....cousas.

Xa está en cada un de nós o traballo de ler, entender e pensar.