lunes, 15 de noviembre de 2021

PREPARANDO A SAÍDA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS!!!

Para reservar unha das mochilas (viaxes, terror, emocións, cómic, cine...)só tés
que anotarte na biblio desde este mesmo xoves, 18 de novembro. Lembra que podes facer máis dunha reserva.
 

 
 Este ano a grande protagonista é a Mochila Exploradora:
 
Aí a tedes na imaxe (xunto coa portada do seu caderno viaxeiro):




miércoles, 3 de noviembre de 2021

HALLOWEEN - CABAZAS!!!

 A biblio tamén aportou a súa cabaza. Aí tedes en imaxe a Exploradora:

Non entra a concurso pero está acompañando as outras que se expuxeron na entrada do IES:



 



Formación de usuarios e usuarias

O pasado 28 de outubro comezamos a formación de novos usuarios e usuarias da biblio en 1º da ESO. 
 
Empregamos unha presentación na que o denominador común foi o lema que vimos mantendo: Por unhas lecturas seguras!
 
 Deu tempo de amosar actividades, mochilas viaxeiras, catálogo e procura de información, distribución dos fondos, servizo de empréstito...
 
 Coma sempre, interesantes preguntas e moita curiosidade.
 
 Aí tedes algunhas imaxes: 
 



 
 
 

jueves, 28 de octubre de 2021

Celebramos o Día das Bibliotecas o luns, 25 de outubro

Este ano xuntámonos nun dos patios exteriores do centro. O tempo acompañou e a xornada resultou moi interesante (ademais de ruidosa e divertida).
Temos que agradecer a colaboración dos titores e titoras de 1º da ESO na entrega dos carnés aos novos usuarios e usuarias.
Para rematar, os nervios propios de sacar un número nun sorteo e ver se nos correspondía premio. 
Na imaxe, aparecen os que tiveron a sorte de ver que ao carón do seu número saía a palabra PREMIO en maiúsculas e cor vermella:
premiados e premiadas no sorteo
Susana S. entrega carnés



Andrés entregando carnés

viernes, 22 de octubre de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: 24 de outubro de 2021


 

O vindeiro luns, 25 de outubro, faremos a entrega dos carnés aos novos usuarios e usuarias e celebraremos un sorteo cos agasallos que podedes ver na entrada:

algúns dos premios


miércoles, 13 de octubre de 2021

O CLUB DE LECTURA TAMÉN ARRANCA CON FORZA...

                    ConLdeler 

 

Este curso volve poñerse en marcha o CLUB DE LECTURA con bastantes participantes. Estade pendentes porque proximamente teredes máis información.