Un ano máis comezamos en 1º da ESO coas xornadas de formación para o alumnado que chega novo ao centro.
Empregando como apoio visual unha presentación de 45 diapositivas compartimos con eles o noso espazo, as nosas actividades, os nosos fondos (cómo facer uso deles, cómo se localizan, a distribución das CDU), as mochilas de garda, as mochilas viaxeiras, os novos proxectos, etc.
Este curso dividimos a formación en dúas sesións ( 1º C o venres, 11 de outubro e 1ºA/B o luns, 14 de outubro). Aquí tedes algunhas imaxes:
jueves, 17 de octubre de 2019
jueves, 10 de octubre de 2019
O CINE e OS MEDIOS AUDIOVISUAIS... TOMA 2
Unha imaxe da entrada do IES presenta
o proxecto deste curso 2019-2020. Aí a tedes!!!
Este ano o profesor de Educación Plástica e Visual, Óscar Villanueva, encargouse da elaboración dos carteis:
domingo, 29 de septiembre de 2019
3, 2, 1 ... ACCIÓN!!! TOMA 1
martes, 25 de junio de 2019
PECHAMOS AS PORTAS DO CLUB DE LECTURA CUNHA XORNADA DE CONVIVENCIA...
O pasado luns, 10 de xuño, quedamos a comer no instituto os compoñentes dos diferentes clubs de lectura. Aí tedes unhas imaxes do concurso que fixemos e da nosa despedida do espazo do Club.
Grazas a quen dedicou parte do seu tempo á lectura e a creatividade!!! (Por suposto, tamén ás merendas compartidas , froitas e galletas...) |
jueves, 20 de junio de 2019
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
Agora que estamos a piques de rematar este curso, queremos deixarvos algunhas recomendacións para que desfrutedes das vacacións tamén con algún libro na man.
En concreto, queremos propoñervos os libros que foron máis votados no concurso do emocionómetro lector que organizou a Biblio, xunto con algunha outra proposta:
En concreto, queremos propoñervos os libros que foron máis votados no concurso do emocionómetro lector que organizou a Biblio, xunto con algunha outra proposta:
martes, 18 de junio de 2019
EMOCIÓNS E DEPORTE
Non podemos esquencer toda a adrenalina e multitude de emocións
que nos produce o deporte. A profe Amparo estivo levando a cabo unhas enquisas por distintas clases sobre as emocións e o deporte, cuxos resultados nos amosou despois preparándovos uns
murais que vos lembren as que vivistes neste curso nas diversas
actividades deportivas ás que vos levaron os profes de Educación Física.
Cremos que prevalece sobretodo unha delas: O DISFRUTE!!!
Cremos que prevalece sobretodo unha delas: O DISFRUTE!!!
DICCIONARIO DE EMOCIÓNS
Na materia de Lingua Castelá de 1ºESO o alumnado preparou uns interesantes emocionarios: se tendes dúbidas sobre o significado de algunha emoción, podedes consultalos que seguro vos axudarán a aclararvos. En calquera caso, o resultado que obtiveron paga a pena velo. Noraboa!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














