martes, 9 de abril de 2019

EMOCIÓNS PARTICIPANDO NO "PASSWORD"

      O alumnado de 4ºESO viaxou a A Laracha para competir nun divertido concurso organizado polos departamentos de inglés de tres centros: os IES Agra de Leborís de A Laracha, o Isidro Parga Pondal de Carballo e o noso.
            Trátase do PASSWORD: nel, deben poñer a proba as súas habilidades lingüísticas e comunicativas en lingua inglesa. Âdemais, o alumnado dos tres centros pasa unha xornada de convivencia e intercambio igualmente interesante desfrutando de diferentes actuacións realizadas por alumnado dos tres centros.
      Aquí tendes algunhas imaxes dos nosos representantes xunto cos carteis e pancartas que prepararon os seus compañeiros para animalos. Esta vez non gañamos... pero o importante é participar!!





martes, 2 de abril de 2019

VISITA Á CIDADE DA CULTURA (GAIÁS)

      Recentemente, un grupo de alumnado de 1º da ESO fixo unha visita ao Gaiás, en Santiago.
 Tratábase dun traballo de investigación in situ para documentarse sobre a Biblioteca o e Arquivo de Galicia. Sen embargo, a actividade deu para moito máis: descubrir a Bola de libros xigante (de Alicia Martín), tentar buscar entre as Torres Hejduk unha terceira, desfrutar da exposición "Valor e mestría. Galicia como fútbol" e, tamén, escudriñar no "esqueleto dunha biblioteca".
      Unha visita totalmente satisfactoria para o alumnado e as profes acompañantes!




PARTICIPACIÓN CONCURSO XÓVENES TALENTOS

      Baixo o lema: ... se podes imaxinalo, podes contalo!... celebrouse o pasado 22 de marzo o Concurso Coca-Cola Xóvenes Talentos de Relato Curto, e nel participou un grupo de estudantes de 2ºESO do noso centro. 
      Realizaron unha proba simultánea a nivel nacional consistente en escribir un relato curto inspirándose cun estímulo creativo, que este ano consistiu nun reloxio de area e a frase: "la arena se escapaba lentamente".
      Aquí tendes ao alumnado que desfrutou desta interesante experiencia literaria!


jueves, 21 de marzo de 2019

EMOCIÓNS POSITIVAS NO DÍA DE PI!

      O 14 de marzo vimos celebrando nos últimos anos o Día de Pi.
      A iniciativa de celebrar este día xurdíu desde o mundo anglosaxón, posto que 14 de marzo desígnase neses países como 3/14 (primeiro o mes, e logo o día).
      Esta vez quixemos ter en conta as emocións e xenerar, mediante as matemáticas, un chisco de "alegría". Intentade comprender o "humor matemático" que se atopa nos distintos chistes e postais que preparou o alumnado de 2ºESO para a ocasión.
      Feliz Día de Pi!!!
 














miércoles, 13 de marzo de 2019

CHARLA DE IVÁN RAÑA

     
       O mércores 27 de febreiro, o noso alumnado de 1º da ESO mantivo un interesante encontro con este deportista ordense. Iván Raña acudiu acompañado por membros da súa familia, polos seus pais, a súa irmá, Natalia, e non deixou de facer referencia a eles e á importancia que teñen no seu éxito deportivo. Comentou que desde sempre lembraba o deporte na súa casa e agradeceu ese apoio incondicional ao longo da súa carreira (algúns deses momentos puidemos desfrutalos nos vídeos e imaxes que se proxectaron).      Nese contexto de charla distendida, Iván tivo un xesto cariñoso coa súa nai, Lina, sentada en primeira fila, eloxiando o moito que lle gusta a súa tortilla...
       Amosouse moi cercano compartindo con todos os presentes a súa nova aventura (automobilística) e canto teñen que poñer de traballo os seus irmáns para sacar adiante eses coches que eles soldan e preparan (porque non é, según Iván Raña, unha actividade barata).
       Os seus logros deportivos eran ben coñecidos polos asistentes á charla (independentemente da idade porque participamos xunto co outro IES de Ordes pero tamén con colexios de Educación Primaria).   Fixéronse preguntas e el resaltou ante todo a importancia do esforzo para conseguir algunha meta na vida. Seguramente, el pode facelo porque desde ben pequeno sabe o que é traballar e entrenar para conseguir vencer cando xa o corpo non responde e, segundo el mesmo di, ten que ser a mente a que siga mantendo a forza. 
       Moitas grazas! a este deportista GRANDE e HUMILDE que falaba coma se acabase de comezar a súa carreira agora, sen reparar nese palmarés que o fai tamén grande deportista de éxito. 


Imaxe do seu libro que forma parte dos nosos fondos
(cunha dedicatoria especial para o noso IES)

Un momento da distendida charla na Casa da Cultura de Ordes


martes, 12 de marzo de 2019

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

       Desde a Biblio festexamos este día cunha proposta de lecturas e películas que podedes observar na exposición da entrada. Trátase de mulleres importantes que fixeron historia pola súa valentía, personalidade, profesionalidade, ... auténticos exemplos que nos seguen a motivar hoxe en día:








ENTROIDO NO MARUXA MALLO!!

       O tempo acompañounos e puidemos facer un divertido desfile fóra do centro que resultou moi variado e lucido.
Noraboa a todas e todos os participantes!!!
Iremos colgando pouco a pouco algunhas das fotos dese día, estade atentos!