O alumnado de 4ºESO, na materia de Plástica, está elaborando pequenas obras de arte que compoñen a Galería das Emocións. Noraboa, artistas!
martes, 18 de diciembre de 2018
EMOCIÓNANSE OS ANIMAIS?
Sabedes que os animais tamén se emocionan?
Desde a materia de Ciencias de 1ºESO amósannos as súas investigacións ao respecto, botade unha ollada á súa exposición titulada "La inteligencia emocional de los animales" porque vos sorprenderá:
martes, 11 de diciembre de 2018
jueves, 29 de noviembre de 2018
AS MOCHILAS VIAXEIRAS ESTÁN PREPARADAS PARA SAÍR!
Estamos na recta final, antes de Nadal poderedes comezar a desfrutar das mochilas viaxeiras!
Ademais, como sabedes este curso temos unha nova mochila relacionada co proxecto da Biblio: a "mochila emocionante". Podedes ver a continuación as novidades que leva dentro:
E aquí vos amosamos as últimas adquisicións da Biblio en relación ao tema das Emocións:
Ademais, como sabedes este curso temos unha nova mochila relacionada co proxecto da Biblio: a "mochila emocionante". Podedes ver a continuación as novidades que leva dentro:
E aquí vos amosamos as últimas adquisicións da Biblio en relación ao tema das Emocións:
martes, 27 de noviembre de 2018
O DÍA DOS BOSQUES
Os bosques chegan á entrada do noso centro para celebrar "o seu día"; que emocións vos evocou a nova decoración?...
lunes, 19 de noviembre de 2018
O CLUB DE LECTURA COMEZA DE NOVO: Festa de inauguración
CON L DE LER
Neste curso apuntástesvos moitos estudantes a esta actividade, o cal nos alegra e motiva moito, así que decidimos comezar facendo unha festa: a ocasión merecíao!
Desfrutade das fotos e aproveitamos para desexarvos que a través das vosas lecturas, compartades moitas emocións.
Antes de entrar na sala:

E xa dentro dela, degustamos unha pequena merenda que preparou a coordinadora do Club, Ana Rey, xunto con outros compañeiros que se unen tamén ao club (Guillermo, Amparo, Ana Calvo, Helen, José Manuel e María):

martes, 6 de noviembre de 2018
HALLOWEEN TERRORÍFICO...
No recreo do día 31, xunto coas imaxinativas cabazas, vivimos un Halloween-sorpresa coa aparición dunha extraña nai tan coitada e preocupada polo seu "bebé"... Dirixiuse a alumnado, profesorado, ... pero ninguén soubo acougala... máis ben estabamos todos un tanto "asustados"... 😄😄
Aquí vos quedan algunhas fotos inesquencibles...!!! Grazas Ana por emocionarnos coa túa "perfomance"-sorpresa!!
Aquí vos quedan algunhas fotos inesquencibles...!!! Grazas Ana por emocionarnos coa túa "perfomance"-sorpresa!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























