martes, 16 de octubre de 2018

XOGANDO AO PASAPALABRA: FORMACIÓN USUARIOS


     Fai clic no seguinte enlace para poñer a proba os teus coñecementos sobre a Biblio.
Abrirase un rosco PASAPALABRA e xa podes comezar a xogar!
Moita sorte!!
http://formadorestic.com/pasapalabra/pasapalabra.swf?desde=20439&hasta=20449&entorno=1&IDpartida=20443&estado=0

Crea tu pasapalabra educativo

martes, 9 de octubre de 2018

NUBES DE EMOCIÓNS NOS RODEAN!

    Move o rato por enriba da nube de emocións e verás como se resaltan as distintas emocións principais e secundarias:
    

AS CORES REFLICTEN E SUXIREN EMOCIÓNS!


      Desde o Departamento de Plástica estase desenvolvendo esta interesante actividade, aberta a toda a comunidade do IES Maruxa Mallo:
Estamos convidados a plasmar nas figuras de cores (círculos, cadrados, ...) as emocións que nos transmiten ou suxiren esas distintas cores, animádevos a participar!
















martes, 2 de octubre de 2018

EMOCIONÁNDONOS A TRAVÉS DAS CIENCIAS

Nestas semanas comezan a aparecer algúns traballos feitos por vós, nesta entrada amosámosvos o traballo de Ciencias do alumnado de 1ºESO, coas emocións que lles producen certos animais, podedes observalo no corredor da cafetaría:





martes, 25 de septiembre de 2018

ADENTRÉMONOS NO MUNDO DAS EMOCIÓNS!!


A Biblio invítanos este curso a adentrarnos no mundo das emocións... e a entrada do noso centro estase preparando para iso, así que:

Adiante!   EMOCIÓNATE!!!


martes, 18 de septiembre de 2018

EMOCIONADAS E EMOCIONADOS CO NOVO CURSO!!!

     Desde a Biblio dámosvos a benvida a este novo curso 2018-19 que estamos comezando!!
     Xa sabedes que este ano esperamos compartir moitas emocións xuntos, pois este será o tema que nos acompañará:

EMOCIÓNATE!!!

     Pero... es realmente consciente das túas emocións? Sabes recoñecelas?
Para ir meténdonos en materia, aquí che deixamos un curioso vídeo...:


jueves, 7 de junio de 2018

FOTO INTERACTIVA: O UNIVERSO NO MARUXA MALLO

   
  Facede clic no seguinte enlace e apareceravos unha imaxe interactiva na que podedes ir desfrutando coas variadas actividades que se fixeron este curso no noso centro en relación co Universo: