Desde o club de lectura, e como complemento das lecturas que realizamos, ás veces podemos levar a cabo actividades como as que veredes a continuación:
Unha saída ao cine en Coruña, para ver "Asesinato en el Orient Express", un dos libros lidos no 1º trimestre polo grupo dos maiores. En xeral parece que gustou máis o libro que a peli, aínda que esta non estaba mal:
Outra actividade foi ver no centro a película de Narnia, que nos gustou moito, incluso nos foi difícil a algúns elixir entre libro e peli!:
Como podedes observar, no Club de Lectura estreamos o 2018 cunha festa de inauguración da nova sala de reunións... Comprobade o ben que estivo a festa, nas fotos a continuación e neste vídeo que nos preparou Amparo :
Aquí tendes algunhas fotos dos distintos momentos, comezando, como non, polo momento de retirar a cinta das portas, por parte da nosa coordinadora do club: Ana Rey. Queda así inaugurado, nas súas palabras, "o templo da lectura do IES Maruxa Mallo" :
Grazas a todos os traballos que estades elaborando nas diversas materias, a entrada do noso centro parece cada vez máis un Universo no que nos adentramos, misterioso e inspirador...
Desde a Biblio queremos agradacervos a profes e alumnado todo o voso bo facer!!!