jueves, 19 de octubre de 2017

COMEZAMOS CLUB DE LECTURA!!!!


"CON L DE LER" COMEZA UNHA NOVA ANDADURA!!!


 Volta ao noso centro o Club de Lectura,
da man da nova coordinadora: 
Ana Rey

Agradecemos a vosa boa acollida, pois imos formar 4 grupos, 
e desexamos que desfrutedes dunhas felices lecturas compartidas!!


miércoles, 18 de octubre de 2017

FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS

Imos comezando as actividades da Biblio!
Nesta semana, Helen, a coordinadora, está levando a cabo as sesións de formación de novos usuarios para o novo alumnado de 1ºESO. 
Aquí tendes algunhas fotos; encantounos a vosa atención e participación!















jueves, 21 de septiembre de 2017

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!!!

Desde a Biblioteca dámosvos a BENVIDA a todas e todos!
Comezamos o curso 2017-18 embarcándonos
nun novo e ilusionante proxecto... 

Xa sabedes cal é? Claro! 
O UNIVERSO !!!!

lunes, 12 de junio de 2017

PREMIO AO MELLOR LECTOR/A DESTE CURSO 2016-17

Despois de consultar as Estatísticas da Biblio xa podemos dicirvos quen é a gañadora do Premio ao mellor lector do curso 2016-17:
 
"... And the winner is...":

Alba Penas

PARABÉNS!!!!! 
E a seguir disfrutando do pracer da lectura!!!

martes, 16 de mayo de 2017

PREMIOS NO DÍA DO LIBRO

E, como non podía ser doutro xeito, o Día do Libro tamén se celebrou... entregando premios!
PREMIO ao curso que escribiu o mellor microrrelato: 1ºA, aquí os tendes xunto co seu titor Domingo, no centro. NORABOA!!!



Aos catro gañadores do concurso-exposición de libros de medo, fixéstelo moi ben, PARABÉNS!!!



O DÍA DO LIBRO

Este curso celebramos o Día do Libro escribindo microrrelatos de misterio e terror. Cada titoría encargouse de escribir e ilustrar o seu nunha cartolina. 
Aquí tendes o precioso resultado con todos os terroríficos microrrelatos decorando o hall do centro!

Noraboa a todos: alumnas e alumnos e aos seus titores e titoras!
Se vos achegades un pouquiño poderedes ler algúns deles... pero coidado... porque pasaredes un pouquiño de medo...:




viernes, 5 de mayo de 2017

Manuel Manquiña na biblio!

    Este actor galego estivo o pasado 24 de abril na biblioteca con alumnado de 4º da ESO.


    Ademais de compartir divertidas anécdotas da súa longa traxectoria profesional, puxo en práctica algunha das técnicas dos monólogos. 

     Aquí tedes algunha imaxe dese momento no que explicaba cómo captar e manter a atención do público: