martes, 25 de abril de 2017

Visita de Carme Vidal para falarnos de Maruxa Mallo

Xa que este curso, a homenaxeada no Día das Artes foi precisamente Maruxa Mallo,
tivemos a visita da xornalista Carme Vidal:
Esta xornalista publicou no ano 2000 unha biografía divulgativa da pintora na colección ‘Mulleres’ da editorial A Nosa Terra.






A importante investigadora lucense Tarsy Carballas visita a nosa Biblio

O 7 de Abril tivemos a honra de recibir a visita da investigadora lucense María Tarsy Carballas Fernández 

Deunos unha charla na Biblio, respostando ás preguntas que lle preparara o alumnado de 4ºESO. E encantounos coñecer da súa man pinceladas da súa vida e das súas investigacións.

Gustounos escoitar tamén os seus consellos e vicisitudes como muller traballadora e admiramos a súa humildade a pesar da importancia do seu currículum:
 
 Licenciada en Farmacia e en Ciencias Químicas con Premio Extraordinario e doctora en Farmacia (sobresaliente cum laude) pola USC.
É pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos da zona templado-húmida de España y na recuperación dos solos afectados polos incendios. 
Doctora ad honorem no Instituto de Investigacións Agrobiológicas del CSIC, centro do que foi directora durante 10 anos. 

miércoles, 5 de abril de 2017

O presidente da Xunta presenta o Plan LÍA desde a nosa Biblio!!

Onte recibimos unha visita que non ocorre moi a miúdo...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, achegouse ao noso centro:
Coñeceu algunhas actividades que se están a realizar co , visitou a aula de informática na que traballaba o alumnado da materia de Tratamento da Información (materia moi ligada ao traballo da biblioteca, na que se trata de que o alumnado adquira ferramentas para desenvolverse na actual sociedade da comunicación e da información)
E posteriormente presentou, desde a nosa Biblio, o plan LIA de bibliotecas (2016-2020).
Aquí tendes algunhas fotos da visita: 


viernes, 31 de marzo de 2017

O día 1 de abril de 2017







  Este ano 2017 o Día das Artes Galegas dedícaselle a quen lle dá nome ao noso IES: Maruxa Mallo.

 Na entrada do centro colocamos algúns dos libros que recordan a vida e o traballo desta artista.

Este ano a nosa Biblio foi ao Encontros

   

O título da presentación xa deixaba intuír o contido da charla: o descubrimento dunha biblioteca escolar.

martes, 28 de marzo de 2017

CONCURSO NO "DÍA DE PI"

Este curso decidimos celebrar o Día de Pi (14 de marzo)
dun xeito especial, xogando á OCA DE PI:

    O alumnado de 3ºESO preparou
    as preguntas e 25 voluntarios de 3ºA e 3ºB levan bastantes recreos encargándose de desenvolver este xogo, que tivo unha alta participación, con equipos de 1ºESO, 2ºESO e 4ºESO.

Aquí tendes algunhas fotos nas que vedes o ambiente distendido que se creou, á vez que aprendemos  un pouquiño máis sobre algúns números irracionais (o número Pi e o número Áureo).


 Moita sorte aos finalistas, moi pronto coñeceremos os gañadores!!!







lunes, 6 de marzo de 2017

O ENTROIDO MÁIS TERRORÍFICO!!!

O pasado venres 24 celebramos no centro o desfile de Entroido no que a temática da Biblio foi todo un éxito.
Aquí tendes varias fotos e aos gañadores das distintas categorías.
Noraboa a todos!!!!




Os profes tamén sacaron a relucir xunto á rapazada a súa cara máis terrorífica...: