viernes, 31 de marzo de 2017

O día 1 de abril de 2017







  Este ano 2017 o Día das Artes Galegas dedícaselle a quen lle dá nome ao noso IES: Maruxa Mallo.

 Na entrada do centro colocamos algúns dos libros que recordan a vida e o traballo desta artista.

Este ano a nosa Biblio foi ao Encontros

   

O título da presentación xa deixaba intuír o contido da charla: o descubrimento dunha biblioteca escolar.

martes, 28 de marzo de 2017

CONCURSO NO "DÍA DE PI"

Este curso decidimos celebrar o Día de Pi (14 de marzo)
dun xeito especial, xogando á OCA DE PI:

    O alumnado de 3ºESO preparou
    as preguntas e 25 voluntarios de 3ºA e 3ºB levan bastantes recreos encargándose de desenvolver este xogo, que tivo unha alta participación, con equipos de 1ºESO, 2ºESO e 4ºESO.

Aquí tendes algunhas fotos nas que vedes o ambiente distendido que se creou, á vez que aprendemos  un pouquiño máis sobre algúns números irracionais (o número Pi e o número Áureo).


 Moita sorte aos finalistas, moi pronto coñeceremos os gañadores!!!







lunes, 6 de marzo de 2017

O ENTROIDO MÁIS TERRORÍFICO!!!

O pasado venres 24 celebramos no centro o desfile de Entroido no que a temática da Biblio foi todo un éxito.
Aquí tendes varias fotos e aos gañadores das distintas categorías.
Noraboa a todos!!!!




Os profes tamén sacaron a relucir xunto á rapazada a súa cara máis terrorífica...:




















martes, 21 de febrero de 2017

CONCURSO LIBROS E PELIS DE MEDO

Atrévete !!
Neste mes de Febreiro retámosvos a achegarvos á Exposición de Medo e Misterio
que preparamos na entrada do noso instituto
e contestar a 10 preguntas relacionadas con ela.

Moita sorte!!




Na exposición atoparás un libro ilustrado por unha antiga alumna do centro, coñecerás lendas misteriosas de Galicia, películas terroríficas, atoparás monstros, máscaras malditas, grandes autores clásicos e actuais, ... todos eles arrepiantes!!








lunes, 13 de febrero de 2017

ANA ALCOLEA VISITA A NOSA BIBLIO

Hai unhas semanas tivemos unha visita especial á nosa Biblio: 
a da escritora zaragozana Ana Alcolea.


Fíxonos a presentación de dous dos seus libros:
  • Pola mañá presentou para 2ºESO "La noche más oscura"
  • E pola tarde presentou, para 3ºESO "El bosque de los árboles muertos"



Un dos momentos nos que lle entregastes os agasallos que lle tiñades preparados e que lle encantaron!










 

 

Agasallo preparado polo alumnado de 3º

Agasallo preparado polo alumnado de 2º

Agasallo preparado polo alumnado de 2º:  radio que salvou a un personaxe

martes, 31 de enero de 2017

CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ

Este luns 30 de Xaneiro, celebramos o Día da Paz baixo o lema:

CONSTRUIMOS A PAZ, SEN MEDOS

Enlazamos así a Paz co tema deste curso (Medo e Misterio) e construimos xuntos un mosaico de 12 pezas elaboradas nas titorías. 




Estas son algunhas das pezas:






Finalmente decidimos construir o mosaico en vertical para poder apreciar mellor todos os vosos traballos, debuxos e reflexións. Noraboa!!!