martes, 21 de febrero de 2017

CONCURSO LIBROS E PELIS DE MEDO

Atrévete !!
Neste mes de Febreiro retámosvos a achegarvos á Exposición de Medo e Misterio
que preparamos na entrada do noso instituto
e contestar a 10 preguntas relacionadas con ela.

Moita sorte!!




Na exposición atoparás un libro ilustrado por unha antiga alumna do centro, coñecerás lendas misteriosas de Galicia, películas terroríficas, atoparás monstros, máscaras malditas, grandes autores clásicos e actuais, ... todos eles arrepiantes!!








lunes, 13 de febrero de 2017

ANA ALCOLEA VISITA A NOSA BIBLIO

Hai unhas semanas tivemos unha visita especial á nosa Biblio: 
a da escritora zaragozana Ana Alcolea.


Fíxonos a presentación de dous dos seus libros:
  • Pola mañá presentou para 2ºESO "La noche más oscura"
  • E pola tarde presentou, para 3ºESO "El bosque de los árboles muertos"



Un dos momentos nos que lle entregastes os agasallos que lle tiñades preparados e que lle encantaron!










 

 

Agasallo preparado polo alumnado de 3º

Agasallo preparado polo alumnado de 2º

Agasallo preparado polo alumnado de 2º:  radio que salvou a un personaxe

martes, 31 de enero de 2017

CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ

Este luns 30 de Xaneiro, celebramos o Día da Paz baixo o lema:

CONSTRUIMOS A PAZ, SEN MEDOS

Enlazamos así a Paz co tema deste curso (Medo e Misterio) e construimos xuntos un mosaico de 12 pezas elaboradas nas titorías. 




Estas son algunhas das pezas:






Finalmente decidimos construir o mosaico en vertical para poder apreciar mellor todos os vosos traballos, debuxos e reflexións. Noraboa!!!













martes, 20 de diciembre de 2016

POR FIN COMEZAN A SAÍR AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!!

Este venres, 16 de Decembro, comezaron a saír para as vosas casas as mochilas viaxeiras. 
E dispoñedes dunha nova mochila temática! Xa sabedes:
A mochila do terror... 🙈🙉🙊












Esperamos que as disfrutedes un montón!!!


 Aquí tendes unhas fotos dese esperado momento: 

 
 






 






martes, 29 de noviembre de 2016

O TERROR CHEGA AO HALL DA ENTRADA

A entrada do instituto comeza a ser terrorífica...
Xa podemos disfrutar dun tenebroso cartel de entrada que estiveron preparando os alumnos de Sabela, nas clases de Plástica. 
Titulárono "A GALERÍA DO TERROR":




martes, 15 de noviembre de 2016

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ORDES

Hoxe, 15 de Novembro, o alumnado de 2ºESO realizou unha visita á Biblioteca Municipal de Ordes, onde puideron coñecer mellor o seu funcionamento e utilidades.
Na Biblioteca Municipal preparáronlles unha interesante charla e exposición de libros, relacionados co tema que estamos tratando no Proxecto da Biblioteca deste curso: 
o Medo e o Misterio.










CHEGA O HALLOWEEN...

    Este ano o Halloween enlaza á perfección coa temática de Medo e Misterio do PDI que estamos levando a cabo. Diversos Departamentos estiveron propoñendo actividades terroríficas... 

Aquí tendes o Concurso de Cabazas de Halloween:
 Presentámosvos aos gañadores:

 Parabéns pola vosa orixinalidade e traballo!!