Este ano o tema do Proxecto lector do noso IES é nin máis nin menos que o grande universo do mundo do CÓMIC e a BANDA DESEÑADA...
Faremos o que poidamos, coma sempre, pero parece que a cousa "pinta" moi ben.
Preparamos ese cartel para empezar a traballar...
Se debemos retirar algunha das imaxes empregadas na confección deste póster, fáremolo en canto así nos sexa requirido.
miércoles, 30 de octubre de 2013
martes, 7 de mayo de 2013
Día do libro 2013
“LIN o libro e VIN a película” este foi o lema elixido para crear dous personaxes novos no noso IES: Lino e Vina (deseñados pola profesora de EPeV, Sabela Arias). Montamos unha exposición no centro (cos libros e a súa película) e creamos unha sección na que facer comentarios sobre os mesmos.
Ese día fixemos a entrega de premios do Bibliojuego Olímpico e dunha actividade creada este curso co nome de Edmallo Olímpico (na que se empregou un sistema de votación da rede social Edmodo para que o propio alumnado xulgase e escollese os mellores traballos da exposición olímpica).
Ao igual que no curso pasado, este ano tamén optamos por unha actividade visual e sinxela. A valoración é moi positiva porque parece que vén a demostrar que aquelas actividades nas que o alumnado personaliza os seus traballos teñen maior aceptación ca outras.
miércoles, 10 de abril de 2013
O triatleta santiagués, Antón Ruanova, visitou o noso IES
Un traballo de oito alumnas de 2º da ESO (coordinadas pola biblioteca e o departamento de Educación Física) culminou a finais do mes pasado coa entrevista que lle fixemos a un triatleta santiagués, ANTÓN RUANOVA, gran deportista e mellor persoa, que conectou co noso alumnado dende o minuto cero (dun encontro de dúas horas). A verdade é que era a primeira vez que na nosa biblio entraba unha bicicleta e todo o equipo que trouxo para explicarnos a súa actividade (algunhas fotos que subimos á páx. web).
Contamos cunha cómplice de excepción (a nai do triatleta) quen se desplazou ó noso centro no mes de xaneiro e quen respondeu as mesmas preguntas que logo lle fixemos ao fillo. Gravamos todo e proxectámolo- houbo mensaxes de amigos, vídeos promocionais do deporte, divertidas tomas falsas...- Foi curioso ver a cara do entrevistado ante cada resposta da nai, sobre todo por ver se coincidiría ou non coa que el acababa de darnos.
Pretendiamos facer un entrevista pouco convencional e conseguímolo! Mágoa que non puidese estar o triatleta ordense, Iván Raña, porque súa nai tamén colaborara no Proxecto pero os seus compromisos profesionais non o permitiron.
En fin, quédanos pendente...
Biblioteca, 21 de marzo de 2013 Lucía, Iria, Marta, Natalia, Nuria, Xela, Zaira e Marina |
BIBLIOJUEGO 2013
Como en anos anteriores, celebramos este concurso para comprobar qué coñecía o noso alumnado sobre os Xogos Olímpicos (despois de expoñer no centro os materiais elaborados en diferentes áreas).
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Powered by
Issuu
Publish for Free
Éxito da mochila temática: chámase Olímpica e ten a axenda ocupadísima este curso 2012-2013
Este ano, o Proxecto Lector do noso centro xira en torno aos Xogos Olímpicos e a mochila temática é a grande triunfadora (mesmo máis demandada que o novedoso e moderno "libro electrónico" que chegou á nosa biblio). A profesora de Educación Plástica e Visual do noso IES, Sabela Arias, creou a súa imaxe.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)