lunes, 10 de marzo de 2025

Reunión do club de lectura de adultos o 24 de febreiro de 2025

 A reunión xirou arredor de Santiago Nasar, si, aquel que en el día que lo iban a matar se levantó a la 5.30 de la mañana para esperar el buque en el que llegaba el obispo.

Como vedes, tocou todo un clásico, Crónica de una muerte anunciada,  e houbo opinións diversas. En xeral, a trama convenceu e deunos para debater sobre por que ninguén o avisou, por que ela daría ese nome que sentenciou ao personaxe, a superstición; o viúvo que lle vende todo, mesmo os recordos, a quen pensa que con cartos todo ten prezo, etc.

Lasaña, brownie e queique de Ordes foron o marco culinario desta historia.

Aí vai unha imaxe con algunhas das persoas que participaron:

 

 


Das propostas que tiñamos escolleuse a de Marta Villar, Detective Ferruchi. Esa é a próxima aventura!!!

No hay comentarios: