miércoles, 16 de diciembre de 2020

lunes, 14 de diciembre de 2020

O DÍA 11 SAÍRON AS PRIMEIRAS MOCHILAS VIAXEIRAS

 As primeiras en saír este curso foron as Mochilas do Cine, a das Emocións, a do Terror e a das Viaxes.

Aquí tedes imaxes dese momento e dos cadernos viaxeiros nos que cada familia pode anotar as súas suxestións:



Sabela e Carla coas mochilas do Cine e das Viaxes

María S. coa mochila do Terror e María F. coa mochilas das Emocións


jueves, 10 de diciembre de 2020

MAÑÁN SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!! SERÁ NO RECREO

 Aínda estás a tempo de reservar a Mochila do Cómic e a Mochila do Universo. Podes facelo na biblio se queres levalas para o Nadal.




miércoles, 25 de noviembre de 2020

Club de lectura...

 


Andrea Maceiras recolleu o premio dos Clubs de lectura este sábado no encontro de be en rede

 Aquí tedes unha imaxe da escritora recollendo o seu premio. Agradeceu o traballo que se fai nos clubs de lectura.


Noraboa!


miércoles, 18 de noviembre de 2020

Formación de novos usuarios e usuarias 1º ESO

Este mes de novembro levamos a cabo a formación de usuarios e usuarias cun escenario un pouco diferente (o protocolo covid levou a nosa presentación á aula de cada grupo). Isto foi o único distinto porque houbo as mesmas preguntas, intereses e inquedanzas. O noso blog permitiunos explorar aquelas actividades que levamos tantos anos compartindo: concursos, club de lectura, mochilas viaxeiras, etc. Aquí vai unha mostra:
Cámara... Acción!







viernes, 23 de octubre de 2020

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

 


Este ano celebrámolo no exterior. Os titores (Andrés e Pedro) e as titoras (Mª José C., Lucía e Mª José R.) fixeron a entrega dos carnés ao alumnado de 1º da ESO.










Servizo de empréstitos e devolucións. Por unhas lecturas seguras!


 Lembrade utilizar as cestas para as vosas devolucións. Fixádevos no día da semana que leva cada unha delas.


Podedes consultar o catálogo da biblio para os vosos empréstitos na páxina web.






jueves, 22 de octubre de 2020

Mafalda despide a Quino desde a nosa sección do cómic

  Deixounos o pasado mes o creador de Mafalda, Joaquín Salvador Lavado Tejón, coñecido baixo o pseudónimo de Quino.

 


Este humorista gráfico e historietista arxentino foi o creador dunha das protagonistas da nosa sección do cómic. Unímonos a Mafalda nesta sentida despedida...



sábado, 26 de septiembre de 2020

DESPEDIMOS A HELEN, A NOSA COMPAÑEIRA E COORDINADORA DESTA BIBLIO

 

BENVIDOS E BENVIDAS A ESTE CURSO 2020-2021 !!!

Temos que comezar despedindo a Helen e agradecéndolle toda a implicación persoal que tivo con esta biblio nestes sete anos como coordinadora. Implicación significa levar a biblio sempre no pensamento, discurrindo proxectos, preparando actividades, mobiliario novo, carteis, nervios nas charlas coas que a biblio saía de paseo polas xornadas ou polos grupos de traballo, fotos das exposicións, decorados... 

Foi emocionante disfrutar deste traballo contigo e só podemos desexarche: 

MOITA SORTE NA TÚA NOVA AVENTURA!!! 

GRAZAS DE CORAZÓN, HELEN



jueves, 23 de abril de 2020

O 23 DE ABRIL É O DÍA DO LIBRO

Agardamos abrir pronto estas portas pero mentres desexámosvos que pasedes un
                                FELIZ DÍA DO LIBRO 

miércoles, 11 de marzo de 2020

O ACTOR XÚLIO ABONJO NA BIBLIO

Este luns 9 de marzo, Xúlio Abonjo Escudero estivo co alumnado de 2º da ESO contándolles anécdotas sobre a súa vida como actor. Coñecemos o seu traballo en series como Pratos combinados, Serramoura, entre outras.
 Explicou termos cinematográficos e tentou transmitir a súa paixón polo teatro e pola súa profesión.







Trouxo algúns guións para ensinarnos

jueves, 5 de marzo de 2020

ENTROIDO NO MARUXA MALLO



CANDO SE FAI REALIDADE ISO DE QUE UNHA IMAXE VALE MÁIS CA MIL PALABRAS...
AÍ VAI UNHA PEQUENA MOSTRA PORQUE ANDA AMPARO MONTANDO UN VÍDEO.


1º PREMIO "Carreira de carretas"
Posan co seu Globo de ouro
Premio á Mellor adaptación cinematográfica


Premio Mellor peiteado, maquillaxe e vestiario










jueves, 13 de febrero de 2020

CONCURSO SOBRE CINE...

    SILENCIO: SE CONCURSA!


Na conserxería tedes impresos para participar

Na entrada do IES tedes unha vitrina na que aparecen imaxes e obxectos relacionados co mundo do cine e do audiovisual sobre os que debedes adiviñar o nome. Só hai que fixarse ben para dar coa resposta correcta... ATRÉVETE A PARTICIPAR!!!

UN CLUB DE LECTURA NO QUE TAMÉN SE XOGA e SE CREA

Estes días andamos con diversas actividades nos diferentes clubs de lectura que non só consisten na propia lectura dun libro. O certo é que o tempo se nos bota enriba moitas veces pero... 

Nun dos nosos clubs  creouse un xogo no que hai unha deliciosa recompensa lectora detrás dun código que toca descifrar. Non é tan doado como pode parecer... 
Tocaba descifrar a clave que tedes na imaxe
 A outra actividade consiste en crear unha historia conxunta (cada club vai continuando a que deixou o club anterior). Aproveitando o tema da biblio deste curso sobre o cine está saíndo un guión no que parece que hai un crime nunha vila pequena...
Este é o caderno que se emprega.

Na imaxe un momento no que, mentres aproveitamos o noso recreo,
 lemos o texto que escribiron antes ca nós para continualo.

miércoles, 12 de febrero de 2020

A SECCIÓN DO CÓMIC ESTIVO DE REFORMAS...

Velaí o resultado:


A ESCRITORA ANA ALCOLEA PRESENTA LIBRO EN 3º DA ESO

O pasado luns, 3 de febreiro, a escritora zaragozana Ana Alcolea presentou o libro El bosque de los árboles muertos entre o alumnado de 3º da ESO.
 Da súa interesante charla poderiamos destacar moitos titulares pero, seguramente, esa cercanía que sempre amosa e ese facer sentir que todo é doado poderían resumirse cando ela  contaba que "Tienes que escribir todo sintiéndolo para que así os llegue a vosotros"...




Aí tedes algunhas imaxes:
Momento da charla no que comentaba que nesta novela 
naceu primeiro o título que o propio texto (que, como dixo, era algo que non adoitaba facer).


Imaxe dun cemiterio no que enterran a un personaxe



Recollendo o lapbook que se lle preparou
 para reunir imaxes doutras visitas que xa fixera ao IES