viernes, 27 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Como cada 24 de outubro, chega o día das bibliotecas. Un día especial, de celebración, que ben merecería algún evento especial. Non obstante, o especial foi precisamente que o celebramos como un día normal; cos nosos lectores, xadrecistas, curiosos, espectadores activos, ou non tanto, que soamente buscan un pequeno curruncho entre estante e estante para atopar un pouco de tranquilidade persoal.

Pois con toda esta fauna de biblioteca o resultado foi UNHA BIBLIOTECA CHEA DE VIDA, DE ACCIÓN, DE CURIOSIDADE E DE ESPACIO COMPARTIDO. 

QUE MELLOR CELEBRACIÓN? 






viernes, 20 de octubre de 2023

A MÚSICA: HAI VIDA MAIS ALÁ DO REGUETÓN.

Ola a tod@s. 
Comenzamos este curso 23-24 afinando tódolos instrumentos dos que dispoñemos na biblioteca do IES MARUXA MALLO para que sexa un lugar de encontro para o alumnado. Xogaremos ó xadrez, conversaremos, concursaremos, leremos e estudaremos (lembrade que estamos na biblioteca 😅) e tamén escoitaremos música. Iso si, ímonos permitir navegar polo mundo da música máis alá do que nos ofrecen hoxe en día as nosas radios habituais.

Imaxe creada con IA.
Con esta imaxe, queremos que vexades que hai todo un universo de instrumentos, estilos e sobre todo letras que din....cousas.

Xa está en cada un de nós o traballo de ler, entender e pensar.