viernes, 27 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Como cada 24 de outubro, chega o día das bibliotecas. Un día especial, de celebración, que ben merecería algún evento especial. Non obstante, o especial foi precisamente que o celebramos como un día normal; cos nosos lectores, xadrecistas, curiosos, espectadores activos, ou non tanto, que soamente buscan un pequeno curruncho entre estante e estante para atopar un pouco de tranquilidade persoal.

Pois con toda esta fauna de biblioteca o resultado foi UNHA BIBLIOTECA CHEA DE VIDA, DE ACCIÓN, DE CURIOSIDADE E DE ESPACIO COMPARTIDO. 

QUE MELLOR CELEBRACIÓN? 






viernes, 20 de octubre de 2023

A MÚSICA: HAI VIDA MAIS ALÁ DO REGUETÓN.

Ola a tod@s. 
Comenzamos este curso 23-24 afinando tódolos instrumentos dos que dispoñemos na biblioteca do IES MARUXA MALLO para que sexa un lugar de encontro para o alumnado. Xogaremos ó xadrez, conversaremos, concursaremos, leremos e estudaremos (lembrade que estamos na biblioteca 😅) e tamén escoitaremos música. Iso si, ímonos permitir navegar polo mundo da música máis alá do que nos ofrecen hoxe en día as nosas radios habituais.

Imaxe creada con IA.
Con esta imaxe, queremos que vexades que hai todo un universo de instrumentos, estilos e sobre todo letras que din....cousas.

Xa está en cada un de nós o traballo de ler, entender e pensar.









jueves, 8 de junio de 2023

XESÚS FRAGA SÁNCHEZ. Encontro co Club de lectura de adultos

 Esta é unha desas entradas que custa facer no limitado espazo do blog. Destacar a incrible emoción que a novela Virtudes (e misterios) trouxo ao grupo do club de lectura de adultos do noso IES. Absolutamente recomendable!!!

Este grupiño, que compartimos mesa e xantar algún luns, está formado por docentes, persoal non docente e persoal da cafetería do centro e puido desfrutar da xenerosidade deste escritor a tarde do martes, 23 de maio na biblio.  Despois da deliciosa conversa, acompañada de lasaña e postre exquisito, reunímonos na biblio con este escritor galego.

Non reparou en compartir con nós, como xa fixera na propia novela, vivencias persoais (vividas e sentidas).

 Levounos da man da súa familia polos tempos da emigración: Londres e  Galicia par un neno, un neto, un fillo, un sobriño, un primo. 

Na dedicatoria que nos deixou nos libros queda a pegada dese London de Betty

Grande, Virtudes! (ela quizáis diría que non é para tanto).

Graciñas, Xesús!!!

IMAXES:



VÍDEO CLUB LECTURA 2022-2023

Enlace:


ENTREGA DE PREMIOS en xuño e diversas exposicións de actividades creativas

É UN MES NO QUE SE FARÁ ENTREGA DE PREMIOS-TROFEOS e DIPLOMAS: MELLOR LECTOR OU LECTORA DE BIBLIO (entre 1º e 4º da ESO anda a cousa), XADREZ (3º ESO), QUIZ (gañadores dous alumnos de 1º ESO). 

 

Link aos lapbooks e diarios de lectura 2022-2023

https://drive.google.com/file/d/1unualIk6-NzePLeEyNZcKOelioeKBzv7/view?usp=drive_link


 

ABRIL É O MES DO LIBRO

ALGUÉN PENSOU ALGUNHA VEZ NO IMPORTANTE QUE É UN 

MARCAPÁXINAS? :)

  Ese pequeno obxecto que calquera pode empregar para sinalar a páxina na que continúa a súa aventura e ao que ninguén menciona logo (só falamos das obras e de quen as crea). Velaí vai o que se nos ocurriu:

  CONCURSO-MARCAPÁXINAS

  O ALUMNADO DEBÍA CREAR UN MODELO DIFERENTE AO QUE VIMOS EMPREGANDO DESDE HAI ANOS. 

GAÑOU unha alumna de 1º da ESO que está nun dos nosos clubs de lectura. 

Gracias, Nuria! Noraboa!

NOTA IMPORTANTE: xa está na imprenta para poder entregalo ao remate deste curso.

IMAXES:




 IMAXE RELACIONADA:


 

 

martes, 7 de marzo de 2023

O ESCRITOR FERNANDO LALANA PRESENTOU LIBRO "¡BUEN CAMINO, JACOBO!"


 A mañán deste primeiro luns do mes de marzo comezou para o nivel de 1º da ESO 

cun encontro literario co escritor zaragozano Fernando Lalana. 

Tempo de reflexión sobre a  lectura, os libros, personaxes, tramas...

A charla comezou co escritor facendo unha curta introducción da novela e, logo, 

deu paso a unha rolda de preguntas para que o alumnado puidese intervir.

"Empecé a escribir con quince años y ya no me he dedicado a ninguna otra profesión. Escribo novela juvenil porque es lo que me gusta y no son novelicas para adolescentes sino novelas juveniles".
 
Para ver máis pincha aquí.
 
 https://drive.google.com/file/d/1I0H5KdScuu89jZSI4iTxeCQhU65aCOz7/view?usp=share_link
 

lunes, 6 de marzo de 2023

Rematamos lectura no club de lectura de adultos... Imos a pola seguinte!

 Entre lasaña e biscoito de chocolate demos hoxe por rematada a lectura (densa, lenta pero, tamén,  moi completa e interesante) da novela El nombre de la rosa de Umberto Eco.


 
Con ganas de comezar a próxima: Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga.