miércoles, 28 de febrero de 2018

EXPOSICIÓNS COAS NOVIDADES NA BIBLIO SOBRE O UNIVERSO

      Xa están á vosa disposición os últimos fondos adquiridos pola Biblioteca para que poidades aprender e disfrutar o tema do Universo. 
      Películas, libros divulgativos, novelas, comics, ... achegádevos ás exposicións preparadas na entrada e na propia Biblio e poderedes levar emprestados os que vos interesen!

EXPOSICIÓN DA ENTRADA (DVDs):

 EXPOSICIÓN DA BIBLIO:


VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ORDES

     O mércores 21 de Febreiro o alumnado de 2º ESO disfrutou dunha visita á Biblioteca Municipal. Coñeceron a biblioteca e ademais recibiron unha interesante charla por parte de Ana López, a bibliotecaria, relacionada co tema da Biblio. 
      Nesta ocasión, a charla estivo centrada no Universo, pero desde o punto de vista da astroloxía, e contoulles tradicións relacionadas co sol, coa lúa, lendas sobre os lobishomes ...







jueves, 15 de febrero de 2018

ENTROIDO GALÁCTICO

      No concurso de Entroido deste ano tamén tiveron cabida algúns disfraces "galácticos".
      No seguinte enlace veredes un vídeo cos distintos concursantes:


      E aquí tendes aos gañadores do premio especial da Biblioteca que souberon adaptarse tan ben ao tema do Universo. 
Noraboa a 1ºB xunto coa súa titora!!!:




























      Aquí tendes aos gañadores e a outros disfrazados; moitas grazas a todos pola vosa participación!


jueves, 8 de febrero de 2018

... AND THE "PEACE DAY" WINNERS ARE...

Na foto atoparedes ao grupo de alumnado gañador polas súas mensaxes
sobre paz para o alien, 
no momento de entrega dos agasallos:




      Por certo, grazas ao concurso o noso alien xa ten nome, este foi o máis votado:  
OLLAM  AXURAM  8102
 Xa sabes descifralo??

O CONCURSO MÁIS ESTRELADO PARA O DÍA DA PAZ

     As mensaxes sobre a paz que lle enviastes ao alien gustáronnos moito, a votación estivo bastante reñida; aquí vos amosamos algúns exemplos das preferidas. 
Noraboa a todas e todos!!





 

 




 Membros do xurado decidindo o seu voto...:


 

miércoles, 7 de febrero de 2018

DÍA DA PAZ... NO UNIVERSO

      Desde a Biblio celebramos este curso o Día da Paz enlazándoo co tema do proxecto, e propoñéndovos un concurso:  

Un alien chega á terra e pregúntanos...