domingo, 15 de junio de 2008

Novidades

O autor do libro que estamos a ler, Manuel Lourenzo González ven de recibir o premio xerais de novela 2008. Podedes consultar a información neste enlace. A obra premiada leva por título: O Xardín das Pedras Flotantes
http://www.vieiros.com/nova/67056/manuel-lourenzo-premio-xerais-de-novela-2008

miércoles, 11 de junio de 2008

dulcinea y el caballero dormido

sei que é algo tarde para facer esta entrada, pero non tiven a oportunidade de poder deixar un comentario antes.
A verdade é que este libro gustoume bastante, sobre todo chamoume a atención a imaxinación que tivo que ter o autor para crealo. Tamén decir que este libro aportoume bastante información sobre O Quixote e me axudou a comprender ese tema en lingua castelá.
Animo a xente para que o lea, e non so polo seu contido sinon tamen porque é un libro que se le bastante rapido.

Jessica*

jueves, 29 de mayo de 2008

Agradecemos...

Dámoslles as grazas a biblioteca do IES Fermin Bouza Brey e a súa bibliotecaria en particular, Susana, por prestarnos os exemplares do libro, Irmán do Vento, para a nosa derradeira lectura.
Foi un grato pracer levar a cabo o noso primeiro préstamo interbibliotecario. Non esquencemos darlle as grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares a posta en marcha de "libros a eito".

Irmán do Vento

Xa estamos rematando o curso e decidimos cambiar de rumbo nas nosas lecturas.

Do fantástico e certamente extraño do relato lido con Vestio, viaxamos a un país mais lonxano pero mais próximo a nós no tempo e na actualidade informativa.
Unha historia ,ben é certo, cun trasfondo de fantasía, quizais para minimizar a traxedia da guerra, pero non por elo cruda e triste, se se sabe ler entre líneas.
O amor xurde como fío conductor, como o sentimento que vai ser capaz de superar un entorno tan adverso e que manterá a esperanza para seguir loitando polo futuro.
Este mundo no que nos toca vivir e onde outros deciden da guerra ou da paz sen preguntarnos, onde so nos queda a forza surxida do amor, terá que cambiar algún día.....
Nas vosas máns está facer del un sitio mellor, sodes o futuro e o coñecemento que as lecturas que facedes axudaranvos nesta tarefa: grazas por compartir conmigo as vosas lecturas.

Supoño que consensuaremos algunha lectura para non aburrirnos nas vacacións??? e logo teremos moitos temas para conversas.

Sara.

Irmán do Vento



“Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo." "Irmán do vento", a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra. "Irmán do vento" é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser. "Irmán do vento" é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza.Irmán do vento é, pois, unha novela de aventuras, na que empregando dous narradores, un que introdu-ce a acción e outro que é o protagonista, conta o que lle acontece a Khaled, un rapaz iraquí no medio da recente guerra. A acción transcorre, pois, en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra. A novela reflicte cómo a infancia, o sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.

jueves, 22 de mayo de 2008

Reunión do club de lectura

O xoves 22 non se celebrou a reunión acordada. Polo tanto queda posposta para o luns 26 de maio ás 11h45 na nosa biblioteca. Que esto funcione é cousa de todos, non o esquenzades.

miércoles, 14 de mayo de 2008

Dulcinea y el Caballero Dormido


Pareceme un libro interesante polo concepto que nos introduce do


Quixote.Esa combinación que nos axuda a coñecer o Quixote de maneira


breve e sinxela. Recomendaría este libro porque me parece interesante e


entretido.







*__NuRia__*

domingo, 11 de mayo de 2008

Vestio, de Xosé Miranda

Para a lectura deste mes de maio, escollemos un libro de Xosé Miranda titulado Vestio, que foi publicado por vez primeira en 1995 e que agora recupera a editorial Xerais, na súa colección "Fora de Xogo" . Xa nos tocaba ler algo con máis misterio e certamente fantástico.

Esta é a reseña do libro:
A doutora Eva García, destinada no remoto lugar de Viana das Veigas, atópase cun cadáver sen rostro e coas mans esmagadas. Xunto ao cadáver aparecen unha carta e un diario. Lendo o diario a doutora vai descubrir as claves de estraños comportamentos e estraños acontecementos que non só se refiren as habitantes da vila, senón a ela mesma, ao seu marido e á súa filla desaparecida hai anos. Eva descubre con abraio que o cadáver resulta ser un antropólogo inglés chegado co pretexto de estudar unha antiga seita priscilianista. Vestio condúcenos de sorpresa en abraio polos labirintos máis inextricables da alma humana e das crenzas máis insospeitadas e terribles. Nin das sombras nin dos homes (como con dor e espanto descubre a doutora) pode fiarse o lector. Unha novela de intriga, suspense, pánico e misterio. Unha narración claustrofóbica, labiríntica, aterradora.

miércoles, 30 de abril de 2008

dulcinea y el caballero dormido

era un libro que me costou entender, e que cando o finalicei quedoume a mente en blanco

dulcinea y el caballero durmiente

dlcinea y el caballero dormido

para min foi un libro que cando o lin pareceume que non o estaba lendo.Este conto trata de un Quixote que se durmía cando ía no cabalo.
o libro principiño e un libro espectacular que pese a sua aparencia de libro para nenos e un libro cheo de correntes artisticas e ten unha forma un tanto particular de narrar e contar como e omundo real

lunes, 14 de abril de 2008

Lendo en abril


Abril, mes dos libros.

"Dulcinea y el caballero dormido" de Gustavo Martín Garzo.


A recomendación dunha profesora do departamento de lingua castelá e a posibilidade de dispoñer de varios exemplares motivounos a ler esta obra neste mes dos libros. Ademáis a próxima semana proporemos outro texto para agasallar este mes de abril coas nosas lecturas.

Máis información sobre esta novela podemos atopala en www.clubcultura.com/clubliteratura/clubescritores/garzo/index.htm -
Así que ánimo lectores !!!, pasade pola biblio, recollede o voso exemplar e boa lectura.

martes, 1 de abril de 2008

"O Principiño", opinión de Patricia

O principiño non me gustou moito porque para min, o libro non era emocionante nin fantástico. Se fora máis interesante ó mellor chegaríame a gustar pero non foi así. Aínda así a lectura do capítulo ca que disfrutei máis foi aquel no que conta que tiña unha flor moi mandona, cando lle fixo ovellas e non lle gustaba ningunha e fíxolle unha caixa e pareceulle unha ovella perfecta, e aquel capítulo no que o rapaz se desfixo do seu corpo para volver o seu planeta.

"cárcere verde" por Jessica

Vou falar do libro de cárcere verde. Ó principio é bastante complicado, porque a verdade é que non sabes moi ben de que vai, pero despois pouco a pouco foime sorprendendo, primeiro co camiño dos lagos buscando uranio e logo xa iban a percura de esmeraldas. Sinceramente xa non me lembro moi ben porque fai mais dun mes que o lin e xa lin 4 libros de diferentes materias despois.

jueves, 6 de marzo de 2008

Lendo en marzo


Agobiados polos exames desta 2ª avaliación, andan como locos cos apuntes a todas partes. Pouco tempo para a lectura relaxada e vivida con gusto. Entón porqué non ler unha historia para tranquilizarse, lectura co corazón para valorar a amizade, o amor e darlle sentido á vida.

Un clásico un pouco descoñecido para eles, hai que porlle remedio e a miña proposta nos lles disgustou por curiosa e sabida: e se lemos "O principiño". Seguro que algo sabedes? pero alguén o leu de verdade?

martes, 12 de febrero de 2008

Reunión do club

O mercores 27 de Febreiro o club de lectura con L de Ler reunirase para falar da finalización da lectura do libro "Cárcere Verde" e realizar un resume colectivo.

Tito

Hai uns días unha xoven apasionada da lectura sumouse a nosa aventura. O seu nome é Nuria Iglesias Pardo, do curso 4º ESO B.

jueves, 31 de enero de 2008

entrada por..Pallas y Glo

Hoxe tivemos a nosa primeira reunión para debatir sobre os primeiros capítulos do libro. Estamos nunha época de exames, e non temos demasiado tempo para ler, por iso levamos a lectura pouco a pouco, pero o que levamos lido, parécenos moi difícil, porque cambia moi rápido de escena, e ás veces para entender unha frase témola que ler varias veces.
Un bico para todos.

martes, 29 de enero de 2008

No noso club de lectura so somos 13 integrantes nos que se atopan Gloria Casas Neira, Jessica Fraga Codesido, Tatiana González Fraguas, Samuel López García, Pablo Meijide Santos, Adrián Mira Fernandez, Santiago Moar Sánchez, Fernando Núñez Sánchez, Alberto José Rama Iglesias, Patricia Rodriguez Daonte, Manuel Eujenio Rey Gómez, Martín Solmo Pallas; e a nosa xefa Sara Fernández Souto.

martes, 15 de enero de 2008

"Cárcere Verde" de Xabier Alcalá






Os membros do club de lectura da biblio do IES Maruxa Mallo, "conLdeLer" acordaron ler neste mes de xaneiro 2008, un libro recomendado polo profesor de galego e escollido entre outros. O seu título é "Cárcere Verde", e o seu autor Xabier Alcalá.
Falaremos desta lectura en breve.






conLdeLer

Acabamos de nacer!!!!

Sendo un martes día 15 de xaneiro do ano 2008, ás 13h30 dun día tormentoso, un grupo de rapaces e rapazas entusiastas, liderados por unha profe non menos entusiasta, crearon este blog para nun futuro, falar das súas lecturas en común, no recentemente creado club de lectura "conLdeLer".