miércoles, 18 de diciembre de 2019

FELICITACIÓN NAVIDEÑA DA BIBLIO


MÚSICA A CARGO DE PABLO CARPINTERO


  Esta mañán tivo lugar o encontro do alumnado de 3º da ESO co músico Pablo Carpintero.
  Unha conversa sobre a orixe e a relevancia da música na evolución humana e tamén música en vivo.
 Aí tedes algunhas imaxes:





martes, 17 de diciembre de 2019

SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS...

Nas imaxes aparecen aqueles e aquelas que van levar as mochilas viaxeiras ás súas casas durante estas vacacións de Nadal. Esta é a primeira saída para a Mochila do Cine...
 Desfrutádeas!!!

Unha radiografía da nova mochila temática que nos deixa ver algo do seu interior



Última revisión dun caderno viaxeiro 


lunes, 16 de diciembre de 2019

PRIMEIRA SAÍDA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS





MOCHILA 1º ESO                   Noa Sandoval Macía
MOCHILAS TEMÁTICAS:
MOCHILA DO CINE                 Diego Medín Martínez
MOCHILA DO TERROR           Iván Rey Viqueira
MOCHILA DO CÓMIC             Zaira García Calvo
MOCHILA DO UNIVERSO    José E. Batista de León
MOCHILA DAS EMOCIÓNS    Paula Graña Pena
MOCHILA DAS VIAXES         Joel Casas Mosquera 

O ESCRITOR José Luis Graña Muíño NO MARUXA MALLO



    O pasado 27 de novembro o autor do libro A vida é dura antes dos 18 estivo compartindo a súa obra co alumnado de 3º e 4º da ESO.
 Convidado polo Departamento de Lingua Galega mantivo unha xuntanza distendida co alumnado do IES Maruxa Mallo.



miércoles, 30 de octubre de 2019

INAUGURACIÓN DO CLUB DE LECTURA!

Hoxe inauguramos o club de lectura a golpe de claqueta!!!
Este foi o vídeo que preparou Amparo desta animada xornada de inauguración:





Aí van algunhas imaxes:


Algúns dos libros seleccionados este curso.


TERRORÍFICO HALLOWEEN!!!

Halloween xa chegou ao Maruxa Mallo!

Con premio ás mellores cabazas...
Aí tedes o vídeo que preparou Amparo e algunhas imaxes:




 Noraboa!!!


viernes, 25 de octubre de 2019

UN DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE PELÍCULA!!!


 O xoves, 24 de outubro,  aparecía no guión deste curso como un día de festa...
 Xa desde o mércores comezamos a montar as mesas cos premios do sorteo no que podería participar todo o alumnado do IES. Este ano houbo quen deu boa conta do decorado porque tamén formaban parte del unhas palomitas que se esgotaron mesmo antes de rematar o recreo:
 A celebración comezou, coma noutras ocasións, coa entrega de carnés aos novos usuarios e usuarias da biblio de man dos seus titores e titoras: María, Óscar e Alicia. E, a continuación, tocaba sacar un número e ver se tiñas premio no sorteo. As imaxes recollen algúns momentos desta celebración...
Aquí tedes un vídeo que preparou Amparo e que dá boa conta da celebración deste día:



Imaxe de quen gañou algún deses premios



Nun momento do sorteo

jueves, 17 de octubre de 2019

O CLUB DE LECTURA ConLdeler XA ESTÁ EN MARCHA...



 Benvidos e benvidas a un novo curso no que o club de lectura do centro xa está preparado (mesmo recién pintado e cos mobles listos) para que poidamos seguir desfrutando nel de novos proxectos, novos libros, novas películas e novas aventuras...
 Podedes comprobar no taboleiro que está fronte á porta da biblioteca o día no que teredes a primeira xuntanza.
Independentemente desa data,  teremos unha xuntaza conxunta con festa de inauguración o día 30 de outubro á que non podedes faltar. NON FALTES!!!

Gracias por anotarvos para compartir con nós esta nova posta en marcha do club!!!

FORMACIÓN DE NOVOS USUARIOS E USUARIAS DA BIBLIOTECA

 Un ano máis comezamos en 1º da ESO coas xornadas de formación para o alumnado que chega novo ao centro.
 Empregando como apoio visual unha presentación de 45 diapositivas compartimos con eles o noso espazo, as nosas actividades, os nosos fondos (cómo facer uso deles, cómo se localizan, a distribución das CDU), as mochilas de garda, as mochilas viaxeiras, os novos proxectos, etc.
 Este curso dividimos a formación en dúas sesións ( 1º C o venres, 11 de outubro e 1ºA/B o luns, 14 de outubro). Aquí tedes algunhas imaxes:




jueves, 10 de octubre de 2019

O CINE e OS MEDIOS AUDIOVISUAIS... TOMA 2



                  Unha imaxe da entrada do IES presenta
               
                  o proxecto deste curso 2019-2020.  Aí a tedes!!!

   Este ano o profesor de Educación Plástica e Visual, Óscar Villanueva, encargouse da elaboración dos carteis:



domingo, 29 de septiembre de 2019

3, 2, 1 ... ACCIÓN!!! TOMA 1

Curso 2019-2020
   Desde a Biblio dámosvos a benvida a outro novo curso que empeza!!

   Facémolo a golpe de claqueta porque o tema co que traballaremos   será o "CINE e os MEDIOS AUDIOVISUAIS"
  
                                                 Comezamos!!!


                                                   

martes, 25 de junio de 2019

PECHAMOS AS PORTAS DO CLUB DE LECTURA CUNHA XORNADA DE CONVIVENCIA...


      O pasado luns, 10 de xuño, quedamos a comer no instituto os compoñentes dos diferentes clubs de lectura. Aí tedes unhas imaxes do concurso que fixemos e da nosa despedida do espazo do Club.
Como vedes, este curso quedouse pequeno...
Grazas a quen dedicou parte do seu tempo á lectura e a creatividade!!!

 (Por suposto, tamén ás merendas compartidas , froitas e galletas...)


jueves, 20 de junio de 2019

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

        Agora que estamos a piques de rematar este curso, queremos deixarvos algunhas recomendacións para que desfrutedes das vacacións tamén con algún libro na man.
En concreto, queremos propoñervos os libros que foron máis votados no concurso do emocionómetro lector que organizou a Biblio, xunto con algunha outra proposta:







martes, 18 de junio de 2019

EMOCIÓNS E DEPORTE

      Non podemos esquencer toda a adrenalina e multitude de emocións que nos produce o deporte. A profe Amparo estivo levando a cabo unhas enquisas por distintas clases sobre as emocións e o deporte, cuxos resultados nos amosou despois preparándovos uns murais que vos lembren as que vivistes neste curso nas diversas actividades deportivas ás que vos levaron os profes de Educación Física.
Cremos que prevalece sobretodo unha delas:  O DISFRUTE!!!






DICCIONARIO DE EMOCIÓNS

      Na materia de Lingua Castelá de 1ºESO o alumnado preparou uns interesantes emocionarios: se tendes dúbidas sobre o significado de algunha emoción, podedes consultalos que seguro vos axudarán a aclararvos. En calquera caso, o resultado que obtiveron paga a pena velo. Noraboa!!!





martes, 14 de mayo de 2019

ANTONIO FRAGUAS, HOMENAXEADO NAS LLGG

       Desde a Biblio queremos tamén unirnos á celebración do Día das Letras Galegas; e, por se queredes afondar máis sobre a figura do homenaxeado este ano, Antonio Fraguas, deixámosvos algúns enlaces, entre os que vos recomendamos o traballo feito polo alumnado do CEIP A Ponte:


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipaponte/node/806

http://museodopobo.gal/web/fraguas.php?lang=ga

 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2019/05/08/biografia-bibliografia-antonio-fraguas/0003_201905SE8P6991.htm

 Feliz Día das Letras Galegas!!!

viernes, 3 de mayo de 2019

LECTURA COMPARTIDA : AS EMOCIÓNS A ANÁLISE

Traballos sobre lecturas directamente relacionadas con diversas emocións



 O alumnado seleccionou para ler e analizar algúns libros que estivesen relacionados con algunha das emocións. Investigaron sobre a mesma. Localizaron parágrafos que lles servisen como exemplo e,  para rematar, indicaron outros títulos que nos puidesen transmitir a mesma emoción para retarnos a lelos.
 Ao remate, a súa creatividade fíxolles escribir textos propios en prosa, verso e mesmo con algunha ilustración para ver se eran quen de transmitir algunha das emocións escollidas.

Algunhas das obras seleccionadas foron: Camino de la felicidad, Rebeldes, La noche más oscura, El gato negro, Diario del búnker, Romeo y Julieta, Nunca seré tu héroe...


martes, 30 de abril de 2019

CONCURSO: EMOCIONÓMETRO DE LECTURAS

       Moitos compañeiros xa se animaron a participar no concurso... aquí vos deixamos algunhas fotos; e lembrade que o prazo remata este venres 3 de maio... non o deixedes para o último día!